Que é o SEPE? - Misión, visión, valores
SEPE
O Servizo Público de Emprego Estatal, SEPE, é un organismo autónomo da Administración xeral do Estado, adscrito actualmente ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social ao que se lle encomenda a ordenación, desenvolvemento e seguimento dos programas e medidas da política de emprego, no marco do establecido na Lei 56/2003, do 16 de decembro, de emprego.
O SEPE está composto por:
- Uns servizos centrais.
- Unha rede territorial de 759 oficinas distribuídas en 52 provincias do Estado español desde as que se xestionan as prestacións por desemprego mediante a atención presencial.
Diriximos os nosos servizos a:
- Persoas traballadoras, tanto desempregadas como en activo.
- Persoas emprendedoras que teñan unha idea de negocio.
- Empresas.
Lei 56/2003, do 16 de decembro, de emprego, BOE núm. 301, do mércores 17 de decembro de 2003.
Misión
Contribuír ao desenvolvemento da política de emprego, xestionar o sistema de protección por desemprego e garantir a información sobre o mercado de traballo para conseguir a inserción e permanencia no mercado laboral da cidadanía e a mellora do capital humano das empresas, coa colaboración dos servizos públicos de emprego autonómicos e demais axentes do ámbito laboral.
Visión
Acadar a excelencia na xestión dos nosos servizos á cidadanía, aproveitando as novas tecnoloxías, e liderar a contribución do Sistema Nacional de Emprego para incrementar a calidade do mercado de traballo.
Valores da institución
Os valores que determinan os principios que o SEPE debe considerar para acadar os obxectivos que persegue son os seguintes:
-
Cultura de servizo á cidadanía:
O SEPE traballa por e para a sociedade. A vocación de servizo público das persoas da organización fai que o nivel de satisfacción aumente con cada usuario satisfeito. Toda a actividade do organismo debe centrarse en investigar as necesidades dos seus clientes e orientar o traballo a satisfacelas da maneira máis eficaz.
-
Capacidade innovadora:
O valor engadido do SEPE póñeno as persoas que traballan nel. O seu papel no mercado de traballo, onde é a porta de entrada a unha nova realidade laboral, obriga á innovación. Deste xeito, os cambios que adopta a organización teñen un reflexo automático nos usuarios.
-
Transparencia:
A transparencia tradúcese nunha comunicación fluída e permanente tanto dentro do propio organismo como desde este cara ao exterior. Neste sentido, o SEPE mantén canles de comunicación estables cos seus propios traballadores, coas comunidades autónomas e co resto de axentes involucrados no mercado de traballo.
-
Colaboración cos outros axentes:
Co obxectivo de ofrecer o mellor servizo ao cidadán, o SEPE, dada a súa condición de servizo público, potencia a colaboración co resto de actores do ámbito laboral e mellora a coordinación con outras institucións, incluso a nivel europeo.
-
Compromiso co persoal da organización:
O SEPE conta cun equipo con alto nivel de vocación de servizo público. O bo servizo ao cidadán pasa por unha boa xestión dos recursos humanos, cuxas bases son a comunicación, a claridade organizativa, o compromiso coas persoas da organización e o seu desenvolvemento profesional. A organización debe dar moito valor ao traballo en equipo, a colaboración e a mellora das condicións de traballo.
-
Calidade na xestión:
Mediante a calidade lógrase trasladar o resto de valores ao terreo da práctica. Dar servizo é facelo con eficacia, a tempo, cun custo sustentable e responsable, con iniciativa e mellora continua. A calidade empeza na detección das necesidades dos clientes e continúa na avaliación da calidade percibida por eles.