Ministerio de Empleo y Seguridad Social Servicio Público de Empleo Estatal

SEPE. Traballamos para ti

Contacto

Cidadanía 901 119 999

Empresas 901 010 121

Estás en > Inicio > Emprego e formación > Contratos de traballo > Programa excepcional de emprego para a transición cara á contratación estable

Programa excepcional de emprego para a transición cara á contratación estable

(artigo 1 do Real decreto lei 1/2011, do 11 de febreiro)

O obxectivo da medida é impulsar a contratación por medio dos contratos a tempo parcial de mocidade desempregada e persoas desempregadas de longa duración mediante reducións na cota empresarial á Seguridade Social.

A xornada a tempo parcial debe estar comprendida entre o 50 e o 75% da xornada comparable a tempo completo.

Este programa ten unha vixencia de 12 meses desde a entrada en vigor do Real decreto lei 1/2011.

O programa pódese aplicar a contratos indefinidos ou temporais a tempo parcial que se establezan entre o 13 de febreiro 2011 e o 12 de febreiro de 2012.

As persoas beneficiarias deben ser persoas desempregadas inscritas ininterrompidamente na oficina de emprego polo menos desde o 1 de xaneiro de 2011, e que pertenza a algún destes colectivos:

  • Mocidade ata 30 anos de idade, inclusive
  • Persoas desempregadas inscritas na oficina de emprego polo menos 12 meses nos 18 meses anteriores á contratación.

Os incentivos do programa diríxense a:

  • empresas
  • sociedades laborais ou cooperativas que incorporen persoas dadas de alta no réxime da seguridade social como traballadores por conta allea
  • persoas traballadoras autónomas que contraten a outras coas características referidas no apartado anterior

Pódese beneficiar da redución de cotas calquera contrato indefinido ou temporal, de duración determinada ou en prácticas, cunha duración inicial prevista igual ou superior a 6 meses.

Non se poden beneficiar da redución de cotas as modalidades de:

  • interinidade
  • relevo
  • contrato para a formación
  • contrato de substitución por anticipación da idade de xubilación

Nos modelos de contratos en que se pode aplicar a redución, incorporouse unha cláusula específica e, ademais, é necesario xuntarlle ao contrato o anexo "Contrato con dereito a redución de cotas" do Real decreto lei 1/2011 (modelo PE-224), que deberá cubrirse debidamente.

Os incentivos son:

  • Redución, nos 12 meses seguintes á contratación, do 100 % nas cotizacións empresariais á Seguridade Social. No suposto de empresas con 250 traballadores ou máis a redución de cotas será do 75 %.
  • Pódense acoller posteriormente, unha vez transcorridos os 12 meses de aplicación da redución, aos programas vixentes de bonificacións, se os traballadores pertencen a algún dos colectivos seguintes:
    • Contratos indefinidos da Lei 35/2010 (en ambos os casos inscritos como desempregados 12 meses nos 18 meses anteriores á contratación):
      • Mocidade ata 30 anos con problemas de empregabilidade
      • Maiores de 45 anos
    • Contratos temporais ou indefinidos da lei 43/2006:
      • persoas con discapacidade
      • vítimas da violencia de xénero ou doméstica
      • Persoas en risco de exclusión social

En todos os supostos, restarase do período correspondente de bonificación o de aplicación da redución.

Os contratos temporais, amparados nesta medida, que se transformen en indefinidos antes do transcurso dun ano desde o seu establecemento, coa mesma xornada ou outra superior, poderán ter dereito ás bonificacións establecidas no artigo 10 da Lei 35/2010 se a persoa desempregada, no momento da contratación inicial pertence a algún dos colectivos da citada lei, aplicando a bonificación prevista para cada un dos colectivos e restando do período correspondente de bonificación o de aplicación da redución.

Os contratos en prácticas que se transformen en indefinido, antes do transcurso dun ano desde o seu establecemento, poderán acollerse á bonificación establecida pola transformación de contratos no artigo 10.3 da Lei 35/2010. Non obstante, se o contratado en prácticas fose, no momento da contratación, maior de 45 anos inscrito polo menos 12 meses nos 18 meses anteriores á contratación, a empresa poderá optar entre aplicarse a bonificación contemplada no citado artigo 10.3 ou a que corresponda ao colectivo maior de 45 anos no artigo 10.2 da citada lei 35/2010.

En ambos os casos restándolle ao período correspondente de bonificación o de aplicación da redución.

A contratación debe supoñer incremento neto de cadro de persoal, para o seu cálculo tomarase como referencia a media do cadro nos noventa días anteriores á contratación. As empresas que se acollan a estas reducións estarán obrigadas a manter, durante o período de duración da redución, o nivel de emprego acadado coa contratación realizada.

Documentación relacionada
Título do documentoDescargaFormatoTamañoData
Real decreto-lei 1/2011, do 11 de febreiro, de medidas urxentes para promover a transición ao emprego estable e a recualificación profesional das persoas desempregadas. (BOE núm. 37, do 12 de febreiro de 2011)icono de descarga219 Kbsfebreiro 2011
Anexo ?Contrato con dereito a redución de cotas? (Real decreto lei 1/2011. Mod. PE/-224)icono de descarga69 Kbsmarzo 2011
Guía de modalidades de contratos e medidas de fomento da contrataciónicono de descarga1.2 Mbsfebreiro 2011
Resumo bonificacións á contratación laboralicono de descarga511 Kbsfebreiro 2011
Exemplo de incremento de cadro de persoalicono de descarga55 Kbsmarzo 2011

N/D: No disponible

Contacto

Cidadanía 901 119 999

Empresas 901 010 121