Estás en > Inicio > Emprego e formación > Formación para el empleo > Formación profesional para o emprego
Os centros de referencia nacional, que se conciben como unha institución ao servizo dos sistemas de formación profesional, deben facilitar unha formación profesional máis competitiva e responder aos cambios na demanda de cualificación dos sectores produtivos. O seu traballo debe ser, xa que logo, un referente orientador para o sector produtivo e formativo.
Distínguense por programar e executar actuacións de carácter innovador, experimental e formativo en materia de formación profesional, de modo que sirvan de referente ao conxunto do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional para o desenvolvemento da formación profesional. Estarán organizados nunha rede de centros de referencia nacional de formación profesional.
Cidadanía 901 119 999
Empresas 901 010 121