Ministerio de Empleo y Seguridad Social Servicio Público de Empleo Estatal

SEPE. Traballamos para ti

Contacto

Cidadanía 901 119 999

Empresas 901 010 121

Estás en > Inicio > Emprego e formación > Programa prepara > Programa de recualificación profesional (PREPARA)

Programa de recualificación profesional (PREPARA)

As axudas para o Programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego establécense no Real decreto lei 1/2011, do 11 de febreiro, de medidas urxentes para promover a transición ao emprego estable e a recualificación profesional das persoas desempregadas.

Prórroga do programa

Esas axudas prorrogaranse por un período de seis meses segundo o establecido no Real decreto lei 20/2011, do 30 de decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público.

Normativa reguladora

Existen tres resolucións que regulan o PREPARA, dous para o programa inicial e unha para a prórroga. O Real decreto lei 20/2011, de 30 de decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público, propón na súa disposición adicional décimo terceira (segundo a corrección de erros do real decreto lei) unha nova prórroga do programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego.

  • Resolución do 15 de febreiro do 2011 (BOE núm. 40, do 16 de febreiro do 2011), do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se determina a forma e os prazos de presentación de solicitudes e de tramitación para a concesión de axudas económicas de acompañamento pola participación no Programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego, establecidas no Real decreto lei 1/2011, do 11 de febreiro, de medidas urxentes para promover a transición ao emprego estable e a recualificación profesional das persoas desempregadas. (PREPARA inicial).
  • Resolución do 4 de abril do 2011 (BOE núm. 83, do 7 de abril do 2011), do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se modifica a do 15 de febreiro do 2011, pola que se determinan a forma e os prazos de presentación de solicitudes e de tramitación para a concesión de axudas económicas de acompañamento pola participación no Programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego, establecidas no Real decreto lei 1/2011, do 11 de febreiro, de medidas urxentes para promover a transición ao emprego estable e a recualificación profesional das persoas desempregadas. (PREPARA inicial).
  • Resolución do 30 de agosto do 2011 (BOE núm. 209, do 31 de agosto do 2011), do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se determinan a forma e os prazos de presentación de solicitudes e de tramitación para a concesión de axudas económicas de acompañamento pola participación no Programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego, establecidas no Real decreto lei 1/2011, do 11 de febreiro, e prorrogadas polo Real decreto lei 10/2011, de 26 de agosto. (PREPARA prórroga).
  • Real decreto lei 20/2011, do 30 de decembro (BOE núm. 315, do 31 de decembro de 2011; corrección de erros publicada no BOE núm. 8 do 10 de xaneiro de 2012), de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público, prorroga durante seis meses a aplicación do establecido no artigo 6 do Real decreto lei 10/2011, do 26 de agosto, de medidas urxentes para a promoción do emprego da mocidade, o fomento da estabilidade no emprego e o mantemento do Programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego que, pola súa vez, prorrogaba o previsto no artigo 2 do Real decreto lei 1/2011, do 11 de febreiro, de medidas urxentes para promover a transición ao emprego estable e a recualificación profesional das persoas desempregadas, aos traballadores en situación de desemprego que cumpran as condicións e requisitos establecidos no dito real decreto lei.

Estas resolucións teñen por obxecto determinar a forma e prazos de presentación das solicitudes, así como a tramitación e pagamento das axudas establecidas. O Servizo Público de Emprego Estatal será o encargado da concesión e pagamento das axudas económicas de acompañamento.

Descrición da axuda

A finalidade desta axuda é a de reforzar e facilitar a participación das persoas desempregadas no programa de recualificación profesional. A contía mensual desta axuda será do 75 % do IPREM vixente en cada momento, ata un máximo de seis meses desde a súa solicitude, con independencia de calquera tipo de interrupción na percepción da axuda. Ademais pódese ver minorada no seu importe segundo as circunstancias establecidas nas citadas resolucións.

As axudas para a recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego serán compatibles con calquera outro tipo de rendas mínimas, salarios sociais ou axudas análogas de asistencia social concedidas polas administracións públicas que puidese percibir a persoa beneficiaria, sempre que o importe destas sumado ao da axuda mencionada non supere, en concepto mensual, o importe do 75 % do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. No caso de superar este límite, o importe da axuda regulada nesta norma minorarase ata que o conxunto de rendas percibidas pola persoa beneficiaria non supere o límite establecido neste artigo.

Persoas beneficiarias

  • Serán beneficiarias da prórroga deste programa as persoas inscritas nas oficinas de emprego como desempregadas por extinción da súa relación laboral que, dentro do período comprendido entre o día 16 de febreiro de 2012 e o día 15 de agosto de 2012, ambos incluídos, esgoten a prestación por desemprego de nivel contributivo e non teñan dereito a calquera dos subsidios por desemprego establecidos na lei, ou ben esgotasen algún destes subsidios, incluídas as súas prórrogas.
  • Non poderán acollerse este programa as persoas que percibisen a prestación extraordinaria do programa temporal de protección por desemprego e reinserción nin as persoas que fosen o puidesen ser beneficiarias do programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego nos termos establecidos no Real decreto lei 1/2011, do 11 de febreiro, incluída a súa prórroga, contemplada no artigo 6 do Real decreto lei 10/2011, do 26 de agosto, nin as que esgotasen ou puidesen ter dereito á renda activa de inserción, nin as que esgotasen a renda agraria ou o subsidio por desemprego, ambos en favor dos traballadores eventuais do réxime especial agrario da Seguridade Social.

As persoas beneficiarias deste programa deberán carecer de rendas, de calquera natureza, superiores en cómputo mensual ao 75 % do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. Computaranse como rendas o importe dos salarios sociais, rendas mínimas de inserción ou axudas análogas concedidas por outras administracións públicas.

Para estes efectos, aínda que a persoa solicitante careza de rendas, nos termos anteriormente establecidos, se ten cónxuxe e/ou fillos menores de 26 anos, ou maiores desa idade cunha discapacidade de polo menos o 33 % ou menores acollidos, unicamente se entenderá cumprido o requisito de carencia de rendas previsto no parágrafo anterior, cando a suma das rendas de todos os integrantes da unidade familiar así constituída, incluída a persoa solicitante, dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o 75 % do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.

Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas en quen concorra algunha das circunstancias ás que se refire o artigo 13, apartado 2, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Cada persoa poderá obter a condición de beneficiaria das axudas reguladas neste programa unha soa vez en todo o tempo que dure este.

Solicitude da axuda económica de acompañamento

O procedemento iniciarase mediante solicitude da persoa interesada, dirixida á persoa titular da dirección provincial do Servizo Público de Emprego Estatal, e será presentada nas oficinas de prestacións deste organismo.

Hai que ter en conta a data en que se esgota a prestación para diferenciar o modelo de solicitude que cómpre empregar:

  • Se se esgota entre o 16 de febreiro do 2011 e o 15 de agosto do 2011 (ambos inclusive), correspóndese co modelo etiquetado como ?inicial?.
  • Se se esgota entre o 16 de agosto do 2011 e o 15 de febreiro do 2012 (ambos inclusive), correspóndese co modelo etiquetado como ?prórroga?.
Documentación relacionada
Título do documentoDescargaFormatoTamañoData
Solicitude da axuda económica de acompañamento (prórroga)icono de descarga778 Kbsfebreiro 2012
Corrección de erros do Real decreto lei 20/2011icono de descarga156 Kbsxaneiro 2012
Real decreto lei 20/2011, do 30 de decembroicono de descarga2.28 Kbsdecembro 2011
Resolución do 30 de agosto do 2011icono de descarga418 Kbsagosto 2011
Real decreto lei 10/2011, do 26 de agostoicono de descarga209 Kbsagosto 2011
Solicitude da axuda económica de acompañamento (prórroga)icono de descarga830 Kbsagosto 2011
Resolución do 4 de abril de 2011icono de descarga415 Kbsabril 2011
Resolución do 15 de febreiro de 2011icono de descarga2.8 Mbsfebreiro 2011
Real decreto lei 1/2011, do 11 de febreiroicono de descarga219 Kbsfebreiro 2011
Solicitude da axuda económica de acompañamento (inicial)icono de descarga830 Kbsfebreiro 2011

Contacto

Cidadanía 901 119 999

Empresas 901 010 121