Ministerio de Empleo y Seguridad Social Servicio Público de Empleo Estatal

SEPE. Traballamos para ti

Contacto

Cidadanía 901 119 999

Empresas 901 010 121

Estás en > Inicio > Prestacións > Información > Rematou de cobrar unha prestación e quere saber se ten dereito a máis axuda? > Traballadores que esgotaron a prestación contributiva, sen responsabilidades familiares e que teñen 45 anos ou máis

Persoas traballadoras que esgotaron a prestación contributiva sen responsabilidades familiares e de 45 anos ou máis

Requisitos para poder acceder a un subsidio por desemprego, sen responsabilidades familiares, por esgotamento da prestación contributiva:

  • Estar en desemprego.
  • Estar inscrito como demandante de emprego durante o período dun mes desde o esgotamento da prestación contributiva sen que se rexeitase ningunha oferta de colocación adecuada ou se negase a participar, salvo causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesional.
  • Subscribir o Compromiso de Actividade.
  • Carecer de rendas, de calquera natureza, superiores ao 75% do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
  • Que se esgotase a prestación por desemprego de nivel contributivo
  • Ter 45 anos na data de esgotamento da prestación.

Se a persoa traballadora tivese dereito ao "Subsidio por desemprego para traballadores maiores de 55 anos" percibiríao.

Podes obter máis información no teléfono de atención ao cidadán 901 11 99 99.

volver a inicio

Duración, contido e contía

  • Seis meses.
  • No suposto de persoas traballadoras fixas descontinuas, a duración será equivalente ao número de meses cotizados por desemprego no ano anterior á solicitude.

Contía

A contía mensual do subsidio por desemprego é igual ao 80% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM). (Datos para este ano)

Para as persoas traballadoras fixas descontinuas maiores de 55 anos, ingresarase a cotización pola continxencia de xubilación durante todo o período de percepción do subsidio.

Contido

A persoa beneficiaria de subsidio por desemprego ten dereito a accións de formación, perfeccionamento, orientación, reconversión, inserción profesional e aquelas outras que teñan por obxecto o fomento do emprego estable.

Podes obter máis información no teléfono de atención ao cidadán 901 11 99 99.

volver a inicio

Solicitude e documentación

O prazo para presentar a solicitude é de 15 días hábiles, a partir do día seguinte ao cumprimento do mes de espera, tras o esgotamento da prestación contributiva. A documentación que se debe achegar é a seguinte:

  • Modelo oficial de solicitude.
    • O impreso de solicitude incorpora: a declaración de rendas do solicitante, os datos de domiciliación bancaria, o compromiso de actividade e a autorización de petición de información da AEAT (Axencia Tributaria).
  • Documento de identificación do solicitante (soamente será necesaria a súa exhibición, para verificar eses datos):
    • Documento nacional de identidade/tarxeta de identidade de estranxeiro.
  • Soamente se a entidade xestora o solicita, o xustificante de rendas.

Ir a modelos de impresos

Ir a guías informativas.

Documentación relacionada
Título do documento Descarga Formato Tamaño Data
Descargar impreso Documento PDF, ábrese nunha nova ventá [Pdf] 370 Kbs N/D
Descargar cartafol informativo Documento PDF, ábrese nunha nova ventá [Pdf] 98 Kbs N/D

Máis información sobre o subsidio por desemprego

volver a inicio

Contacto

Cidadanía 901 119 999

Empresas 901 010 121