Estás en > Inicio > Prestacións > Información > Rematou de cobrar unha prestación e quere saber se ten dereito a máis axuda? > Subsidio especial para traballadores que esgotaron unha prestación contributiva de 24 meses e teñen 45 anos ou máis
Os traballadores fixos descontinuos non poden percibir o subsidio especial durante os períodos de interrupción da actividade intermitente ou de tempada mentres manteñan tal condición. Cando perdan a condición de fixo descontinuo por extinguirse a relación laboral de forma definitiva poderán percibir este subsidio especial se reúnen todos os requisitos antes sinalados. Tamén poderán percibir un subsidio especial se se extingue a relación laboral de fixo descontinuo e se se reúnen os seguintes requisitos:
Se o traballador tivese dereito ao "subsidio por desemprego para traballadores maiores de 52 anos", percibiríao. Pode obter máis información no teléfono de atención ao cidadán 901 11 99 99.
Seis meses, a partir do esgotamento da prestación contributiva, se se solicita dentro do prazo establecido. Unha vez percibido este subsidio especial, os traballadores poderán obter o subsidio por desempregoarchivo por esgotar unha prestación contributiva.
A contía mensual do subsidio por desemprego variará en función do número de cargas familiares:
Para os traballadores fixos descontinuos maiores de 52 anos, ingresarase a cotización pola continxencia de xubilación durante todo o período de percepción do subsidio.
O beneficiario do subsidio por desemprego ten dereito a accións de formación, perfeccionamento, orientación, reconversión, inserción profesional e aqueloutras que teñan por obxecto o fomento do emprego estable. Pode obter máis información no teléfono de atención ao cidadán 901 11 99 99.
O prazo para presentar a solicitude é de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ao esgotamento da prestación contributiva. A documentación que se debe achegar é a seguinte:
O impreso de solicitude incorpora: a declaración de rendas do solicitante e dos familiares que convivan con el ou estean ao seu cargo, os datos de domiciliación bancaria, o compromiso de actividade e a autorización de petición á AEAT (Axencia Tributaria).
Ir a modelos de impresosarchivo.
Ir a guías informativasarchivo.
Pode obter máis información no teléfono de atención ao cidadán 901 11 99 99.
| Título do documento | Descarga | Formato | Tamaño | Data |
|---|---|---|---|---|
| Normas xerais | archivo | [PDF] | 145 kbs | N/D |
| Descargar impreso | archivo | [PDF] | 370 kbs | N/D |
| Descargar cartafol informativo | archivo | [PDF] | 98 kbs | N/D |
| Documentación a achegar | archivo | [PDF] | 19 kbs | N/D |
Cidadanía 901 119 999
Empresas 901 010 121