Ministerio de Empleo y Seguridad Social Servicio Público de Empleo Estatal

SEPE. Traballamos para ti

Contacto

Cidadanía 901 119 999

Empresas 901 010 121

Estás en > Inicio > Prestacións > Trámites > Desistencia de solicitude de prestacións por desemprego

Desistencia de solicitude de prestacións por desemprego

Coa desistencia déixase sen efectos a solicitude de prestacións por desemprego presentada ante o Servizo Público de Emprego Estatal, é dicir, dáse por non presentada esa solicitude.

A desistencia só poderá ser admitida se se presenta antes de que a solicitude se resolva. Pode consultar o estado da súa solicitude en "Consulta a túa prestación".

Unha vez que accedas ao servizo de desistencia de solicitude de prestacións por desemprego con certificado dixital, aparecerache na pantalla un formulario cos teus datos persoais, domicilio de residencia e domicilio de notificacións. Este último poderás modificalo e substituirá ao que xa figure na base de datos do SEPE.

No formulario deberá cubrir os seguintes campos:

  • Data de presentación da solicitude da que desistes.
  • Tipo de solicitude: alta, continuación, prórroga ou capitalización.
  • Tipo de prestación: prestación contributiva, subsidio, renda activa de inserción (RAI), renda agraria ou subsidio REASS.

Unha vez cuberto o formulario deberás confirmar o pedimento para que produza efectos. Ao confirmar o pedimento de desistencia obterás na pantalla un resgardo cos teus datos de identificación e a xestión realizada.

A continuación, como xustificante de solicitude de desistencia, poderás descargar o xustificante de recepción, o cal poderás imprimir para conservalo ou gardalo no teu PC. Este resgardo contén o número de rexistro, a data de rexistro e a hora.

Importante: se es unha persoa traballadora do mar non podes realizar este trámite a través desta páxina web. Debes dirixirte ás oficinas do Instituto Social da Mariña.

Para poder desistir a través da web cómpre dispor de certificado dixital ou DNI electrónico.

Acceso con certificado dixital

Contacto

Cidadanía 901 119 999

Empresas 901 010 121