Estás en > Inicio > Prestacións > Trámites > Obteña o seu formulario de solicitude
Obteña os formularios personalizados cos seus datos para solicitar calquera modalidade de prestación.
Acceda mediante certificado dixital ou DNI electrónico a un formulario no que se mostran os datos que figuran sobre vostede nas bases de datos do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). Pode completar os datos e modificalos. Unha vez completados os campos, a función "aceptar" xera o impreso de solicitude de prestación por desemprego nun modelo oficial para a súa impresión e posterior presentación na oficina de prestacións. Este impreso non se garda nas bases de datos do SEPE.
En ningún caso supón a presentación por Internet da solicitude da prestación.
Se o que desexa é presentar a solicitude por Internet, deberá seleccionar no apartado "Trámite de prestacións" a ligazón "Solicitude de prestacións". Se o que prefire é obter de forma automática a súa prestación contributiva por desemprego, deberá seleccionar no apartado "Trámites de prestacións" a ligazón " Recoñecemento da prestación"
Cidadanía 901 119 999
Empresas 901 010 121