bienvenidos - benvinguts - benvidos - ongi etorri - benvinguts - welcome - bienvenue

Servicio Público de Empleo Estatal

Gobierno de España. Ministerio de Trabajo e Inmigración. Enlace externoServicio Público de Empleo Estatal. Enlace a Inicio
Entra a redtrabaj@

Información

Como obter e utilizar o certificado dixital

Para a utilización dalgúns trámites en liña é necesario dispoñer dun certificado dixital (incluído o DNI electrónico) ou dun código de usuario ou identificarse mediante datos persoais.

O SPEE admite certificados dixitais emitidos para persoas físicas por autoridades de certificación recoñecidas. Ao ser os procedementos de solicitude, revogación e renovación diferentes en cada caso é conveniente que acceda ao sitio web de cada autoridade certificadora para consultar as súas políticas de certificación.

Tipos de accesos aos servizos da oficina virtual:

Con certificado O acceso a un servizo mediante esta opción require que o cidadán dispoña dun certificado dixital (incluído o DNI electrónico) emitido por unha autoridade de certificación recoñecida.
Con autorización O acceso a un servizo mediante esta opción require dispoñer dunha clave de acceso emitida polos servizos públicos de emprego.
Con identificación Para acceder a un servizo mediante esta opción, o cidadán débese identificar introducindo os datos persoais que se lle solicitan.
Sen identificación O acceso a un servizo mediante esta opción non require ningún tipo de identificación do cidadán.

Se atopa dificultades no uso do seu certificado dixital pode comprobar a configuración do seu equipo (pdf - 495 KB)

Volver

© Servicio Público de Empleo Estatal, 1997