Formación

O sistema de formación profesional en España está integrado por dous subsistemas: a formación profesional regulada ou inicial, que depende do Ministerio de Educación e das comunidades autónomas, e polo subsistema de formación para o emprego, adscrito ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social a través do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e ás comunidades autónomas.

A Fundación Tripartita para a Formación no Emprego é a entidade privada estatal de dereito público e sen ánimo de lucro, que colabora co Servizo Público de Emprego Estatal na planificación, programación, xestión, avaliación, seguimento e control destas iniciativas.