bienvenidos - benvinguts - benvidos - ongi etorri - benvinguts - welcome - bienvenue

Servizo Público de Emprego Estatal

Goberno de España. Ministerio de Traballo e Inmigración. Enlace externoServizo Público de Emprego Estatal - INEM. Enlace a Inicio
entra en redtrabaj@

EURES: Servizos Europeos de Emprego

Que lle ofrece EURES á miña empresa?

EURES é unha rede integrada polos servizos públicos de emprego europeos que lle axuda a atopar os traballadores que necesita e ofrécelle asesoramento en aspectos relacionados coa mobilidade dentro do Espazo Económico Europeo.

Cando a súa empresa necesita atopar persoal pode acudir á rede EURES. Atopar traballadores doutro país europeo pode ser unha tarefa difícil se non o fixo con anterioridade. Como empezar? Que debe ter en conta? Como obtén axuda e apoio? Os conselleiros EURES facilítanlle o asesoramento necesario para tal fin. Prema o botón "Poñerse en contacto cun conselleiro EURES" para saber cal é o máis próximo a vostede.

Como empezar?

Antes de buscar candidatos noutros países, póñase en contacto co seu servizo público de emprego e expoña as súas necesidades de contratación de persoal. Este servizo poderá axudarlle a atopar candidatos apropiados.

Que debe ter en conta?

  • Defina claramente as capacidades, competencias e cualificacións específicas que necesita para desempeñar os postos de traballo ofertados.
  • Considere que pode levarlle máis tempo atopar candidatos doutros países europeos e estableza prazos realistas.
  • Teña en conta os aspectos prácticos que deberá resolver un traballador estranxeiro para atopar aloxamento ou vivenda.
  • Considere o nivel de competencia lingüística que necesitan os candidatos. Se non falan a súa lingua con fluidez pero estima que son adecuados para o posto, pense como se vai comunicar con eles. Para os candidatos poden resultar especialmente difíciles as entrevistas telefónicas. Explore outras opcións co seu conselleiro EURES: videoconferencias, entrevistas presenciais, etc.
  • Infórmese de se hai algún obstáculo administrativo antes de empezar a contratación. As formas de contratación varían dun país a outro, así como as relacións entre empresa e candidatos. Pode ocorrer que a conduta dun candidato lle pareza fóra do corrente, pero que isto se deba só a diferenzas culturais. Non permita que isto inflúa na súa opinión; ao contrario, céntrese nas capacidades e a aptitude do candidato, axúdeo a integrarse.

Como realizo o recrutamento?

  • Diríxase ao seu conselleiro EURES para presentar e difundir a súa oferta de emprego.
  • Se precisa un gran número de traballadores, podemos axudarlle a organizar un recrutamento a grande escala en colaboración con outros países do Espazo Económico Europeo.
  • É conveniente preparar unha presentación ante os candidatos na que se presente a empresa e se explique o apoio que presta para a integración do persoal contratado. Resulta útil traducila e colocala no seu sitio web.
  • Tamén pode asistir a feiras de emprego EURES noutros países do EEE nos que haxa candidatos coas características desexadas. Ante calquera candidato, sempre é eficaz utilizar exemplos para ilustrar as oportunidades de traballo e que neles interveñan, se é posible, traballadores migrantes que se integrasen ben.
  • Así mesmo, non esqueza comunicar o resultado do proceso a quen colaborase con vostede na contratación.

Que outros servizos me ofrece EURES?

O portal EURES ten unha base de datos de máis de 300.000 solicitantes de emprego que desexan traballar noutros países. Rexistre hoxe mesmo a súa empresa abrindo unha conta gratuíta "O meu EURES". É rápido e doado de usar.

Á marxe dos procesos de selección, EURES pode proporcionarlle información e asesoramento sobre cuestións que afectan a mobilidade de cidadáns europeos como equivalencias de titulacións, trámites de seguridade social, impostos, etc.

subir

Volver

© Servicio Público de Empleo Estatal, 1997