bienvenidos - benvinguts - benvidos - ongi etorri - benvinguts - welcome - bienvenue
As ofertas de emprego de empresas españolas aos países da UE/EEE terán lugar en situacións específicas como:
Ofertas nas que expresamente o empresario lles solicita a notificación aos demais países. Trátase daqueles casos en que o empresario busca expresamente un traballador comunitario non existente no mercado de traballo local.
Ofertas que conteñen determinados requisitos profesionais que fan previsible a súa notificacion a outros países. Poden ser esixencias idiomáticas, experiencia pluricultural, experiencia en empresas ou sectores de carácter internacional, etc.
Ofertas de ocupacións/profesións que teñen déficit de man de obra local. Enténdense por tales aquelas para as que existe gran dificultade en encontrar man de obra cualificada no ámbito nacional/local.
As ofertas de emprego preséntanse sempre a través do conselleiro EURES da súa provincia, ben sexa persoalmente, por correo electrónico, correo postal ou fax.
As ofertas que se publican desde calquera país do Espazo Económico Europeo (EEE), na base de datos común dos servizos públicos de emprego europeos, teñen que contemplar unha serie de datos homologados para poder facer unha difusión o máis ampla e rigorosa posible.
O conselleiro EURES encárgase de recibir estes datos e rexistrar a oferta na base de datos común dos servizos públicos de emprego europeos. As persoas interesadas poranse en contacto co empregador ben sexa directametne ou a través do conselleiro.
© Servicio Público de Empleo Estatal, 1997