Servizos para empresas. Certific@2

É un servizo que permite realizar comunicacións de datos sobre os seus traballadores aos empresarios que actúen en nome propio e ás empresas e colexiados profesionais que actúen en representación de terceiros, o que substitúe a entrega presencial de documentos.

Recomendación

Para navegar pola aplicación é recomendable empregar os botóns e as ligazóns proporcionados por esta e evitar utilizar os do navegador.

Como acceder a Certific@2

Para utilizar a aplicación Certific@2, as persoas usuarias deben dispoñer de autorización para a transmisión telemática de datos aos Servizos Públicos de Emprego, obtida previamente conforme o definido na aplicación Contrat@, ou de sinatura electrónica expedida por algunha das autoridades de certificación.

Atención á empresa: 901 010 121

A funcionalidade desta aplicación concrétase nas seguintes utilidades:

  • Normativa aplicable

    A comunicación de datos a través da aplicación Certific@2 terá os mesmos efectos que a efectuada polos demais medios admitidos en dereito.

    A normativa aplicable pola que se rexe o uso deste servizo especifícase a continuación.

    Funcionamento da aplicación

    Acceso

    Para utilizar a aplicación Certific@2, as persoas usuarias deben dispoñer de autorización para a transmisión telemática de datos aos Servizos Públicos de Emprego, obtida previamente conforme o definido na aplicación Contrat@, ou de sinatura electrónica expedida por algunha das autoridades de certificación.

    Dispoñibilidade

    A comunicación de datos do certificado de empresa e de períodos de actividade laboral de traballadores fixos descontinuos e expedientes de regulación de emprego de suspensión ou redución de xornada pódese realizar durante as 24 horas do día, todos os días do ano. A aplicación réxese pola data e hora oficial española correspondente á península, Ceuta, Melilla e o arquipélago balear que figura no enderezo electrónico de acceso.

    Confirmación

    A aplicación informática emite unha mensaxe de confirmación da recepción na que constan os datos proporcionados, a data e hora da recepción e unha clave de identificación da transmisión.

    A mensaxe de confirmación, que pode imprimirse e arquivarse, ten valor de recibo de presentación segundo a normativa vixente.

    A persoa usuaria é advertida de que non recibir a mensaxe de confirmación, ou recibir unha mensaxe de erro ou deficiencia de transmisión, implican que non se produciu a recepción.

    A recepción na aplicación Certific@2 de datos distintos aos previstos non producirá ningún efecto e teranse por non presentados, comunicándose a quen realizou a emisión tal circunstancia.

    Prazos

    Para os efectos de cómputo dos prazos, serán considerados días inhábiles só os así declarados para todo o territorio nacional no calendario anual de días inhábiles publicado pola Administración xeral do Estado.

    A transmisión de datos recibidos nun día inhábil entenderase como efectuada na primeira hora do primeiro día hábil seguinte. No asento da entrada inscribiranse como data e hora de presentación aquelas nas que se produciu efectivamente a recepción, e constarán como data e hora de entrada efectivas as cero horas e un segundo do primeiro día hábil seguinte.

    Comunicación de períodos de actividade

    As persoas usuarias da aplicación Certific@2 deben comunicar os datos de actividade laboral do mes ou meses anteriores. A comunicación de períodos de actividade pódese realizar durante as 24 horas do día, todos os días do ano, tendo a autorización previa do traballador ou a traballadora.

    A transmisión telemática de datos por unha persoa usuaria autorizada, respecto aos períodos de actividade laboral dos traballadores fixos descontinuos ou aos afectados por un expediente de regulación de emprego de suspensión ou redución de xornada, permitirá a xestión por parte da entidade xestora da solicitude de continuación de prestacións e subsidios por desemprego dos devanditos traballadores.

    Certificado de empresa

    A transmisión telemática de datos por unha persoa usuaria autorizada supoñerá a exención do traballador ou da traballadora da obriga de acompañar o certificado de empresa á súa solicitude de prestación por desemprego.

    Almacenamento da información

    Incorpóranse a unha base de datos todos os datos recibidos a través da aplicación Certific@2.

    A solicitude de información polas persoas traballadoras ou os seus representantes sobre os devanditos datos ou a súa inexistencia será atendida polo Servizo Público de Emprego Estatal.

    Altas de persoas traballadoras afectadas por ERE

    Consiste en ofrecer a calquera empresa que teña acceso a Internet, a posibilidade de comunicar ao Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), as altas iniciais na prestación de todos aqueles traballadores e traballadoras afectados por unha extinción, suspensión ou redución da xornada ordinaria de traballo, consecuencia dun Expediente de Regulación de Emprego.

    Esta comunicación pódese efectuar utilizando a aplicación da tecnoloxía XML, mediante o tratamento de ficheiros XML cuxa xestión de envío é manual. Require a intervención dun usuario para que, unha vez que fose creado o ficheiro, proceder a seleccionalo e enviarllo ao SEPE.

    Para a xeración deste ficheiro XML, existe un asistente dentro da aplicación Certific@2.

Documentación