Transmisión de altas de traballadores afectados por expedientes de regulación de emprego

Envío telemático de altas de traballadores afectados por ERE

Este servizo permite ás empresas o envío a través de Internet, por parte das empresas, das altas de persoas traballadoras afectadas por expedientes de regulación de emprego de extinción, suspensión ou redución da relación laboral.

En todo caso, as empresas poden comunicar ás persoas traballadoras que vaian finalizar a súa relación laboral, que no teléfono 901 11 99 99 do Servizo Público de Emprego Estatal poden obter información sobre un posible dereito a prestacións e sobre a documentación que hai que achegar, axilizándose desta forma a súa tramitación.

En que consiste?

Consiste en ofrecer a calquera empresa que teña acceso a Internet, a posibilidade de comunicar ao Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), as altas iniciais na prestación de todas aquelas persoas traballadoras afectadas por unha extinción, suspensión ou redución da xornada ordinaria de traballo, consecuencia dun Expediente de Regulación de Emprego.

Esta comunicación pódese efectuar utilizando a aplicación da tecnoloxía XML, mediante o tratamento de ficheiros XML cuxa xestión de envío é manual. Require a intervención dun usuario para que, unha vez que fose creado o ficheiro, proceder a seleccionalo e enviarllo ao SEPE.

Para a xeración deste ficheiro XML, existe un asistente dentro da aplicación Certific@2.

Como funciona o servizo?

Para utilizar a aplicación Certific@2, as persoas usuarias deben dispoñer de autorización para a transmisión telemática de datos aos Servizos Públicos de Emprego, obtida previamente conforme o definido na aplicación Contrat@, ou de sinatura electrónica expedida por algunha das autoridades de certificación.

Para os ficheiros XML enviados a través do acceso á aplicación Certific@2, realízanse dous niveis de control:

  • Control de formato. Realízase en tempo real, no mesmo momento no que se envía o ficheiro. En caso de detectarse erro, especifícase este e o ficheiro non é enviado para o seu procesamento no SEPE. No caso contrario o ficheiro envíase ao SEPE para o seu procesamento.
  • Resto de controis. Realízanse cando o ficheiro foi enviado ao SEPE. Como resultado deste segundo nivel de control, procederase a enviar un correo electrónico informando do resultado definitivo do proceso: procesado correctamente ou rexeitado, en cuxo caso se anexarán os erros detectados.

Ademais, en cada envío pódense anexar ata 10 ficheiros XML.

A comunicación de altas de prestacións por expediente de regulación de emprego pódese realizar durante as 24 horas do día, todos os días do ano, tendo a autorización previa do traballador.

Cales son os beneficios?

Con esta aplicación que o Servizo Público de Emprego Estatal pon á disposición das empresas, preténdense simplificar os trámites para o recoñecemento e a redución dos prazos dos expedientes de regulación de emprego.

Documentación