Comunicar a contratación. Contrat@

Esta web facilita a comunicación da contratación en liña a través da aplicación Contrat@. Esta aplicación permítelles aos empresarios e ás empresarias que actúan en nome propio e ás empresas e profesionais colexiados que actúen en representación de terceiros, comunicar o contido da contratación laboral aos servizos públicos de emprego dende o seu propio despacho ou sede profesional.

A través de Contrat@ pódense comunicar os datos de contratos, copias básicas, prórrogas, chamamentos de fixos descontinuos e pactos de horas complementarias, e pode facerse por unha das tres opcións dispoñibles: a través da comunicación de datos, a través do envío de ficheiros XML ou a través de servizos Web.

A utilización deste servizo require dispoñer dunha autorización dos servizos públicos de emprego. Para iso débese cubrir unha solicitude de autorización e presentala coa documentación precisa nos devanditos servizos públicos. Unha vez concedida a autorización, poderase acceder a Contrat@ ben con certificado dixital ou DNI electrónico, ou co identificador da empresa e a clave persoal que se asignou ao realizar a solicitude. Para máis información, existe na aplicación un completo "Manual de usuario" e unha ligazón de "Avisos" que se actualiza coas novidades de lexislación en materia de contratación. Se ten algunha dúbida ou incidencia, pode formulala dende a Caixa de correo de Contrat@.