Programas comunitarios

O Programa de Aprendizaxe Permanente (PPA) pretende contribuír, a través da aprendizaxe permanente, a converter a Europa nunha sociedade de coñecemento avanzado; cun desenvolvemento económico sostible; máis e mellores empregos; e maior cohesión social. Aspírase tamén a fomentar a interacción, cooperación e mobilidade entre os distintos sistemas de formación profesional europeos, de tal xeito que estes se convertan nun referente de calidade a nivel mundial.

O Programa de Aprendizaxe Permanente comprende catro programas sectoriais: Comenius, Erasmus, Leonardo da Vinci e Grundtvig que se complementarán cun programa transversal; e finalmente, o programa Jean Monnet.

Máis información sobre Programas comunitarios .