ReferNet España: Rede Europea de Formación Profesional

ReferNet é unha rede creada polo CEDEFOP, Centro Europeo para o Desenvolvemento da Formación Profesional, en 2002 para dar resposta á crecente demanda de información no ámbito da formación profesional e facilitar a análise e a comparación das políticas de formación profesional dos Estados membros da Unión Europea, Islandia e Noruega. Representa un sistema estruturado, descentralizado e interconectado para a recompilación, seguimento e difusión de información, que proporciona, datos sobre os sistemas nacionais de formación profesional grazas aos coñecementos técnicos de organismos clave neste campo.

Máis información sobre ReferNet España: Rede Europea de Formación Profesional .