Publicación de ofertas

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) ofrece o portal de emprego Empléate aos cidadáns e ás empresas, dende o cal se pode realizar unha interacción directa, libre, sinxela e gratuíta entre ofertantes (empresas) e demandantes de emprego (cidadanía). O portal Empléate ofrece, entre outras, as seguintes posibilidades aos seus usuarios:

  • Coñecer as ofertas inapropiadas: O usuario ten a posibilidade de identificar o contido dunha oferta de emprego publicada no portal como inapropiado.
  • Coñecer as ofertas en prácticas: Identifícanse dentro de Empléate as ofertas clasificadas polos portais colaboradores como ofertas en prácticas. Permítese ás empresas dadas de alta en Empléate publicar ofertas no portal con este tipo de contrato. O usuario demandante de emprego pode acceder doadamente, facendo uso dos filtros do buscador de ofertas do portal, ás ofertas clasificadas deste modo.
  • As empresas de economía social poden darse de alta en Empléate indicando a súa condición de empresa de economía social.
  • Imaxe e contidos dispoñibles en Empléate: O usuario pode acceder dende o portal, ademais de a máis de 35.000 ofertas de emprego que corresponden a case 70.000 postos vacantes, aos datos de contratación de maio 2016 e información de referencia do Observatorio das Ocupacións do Servizo Público de Emprego Estatal.
  • En Empléate incorpóranse todas as ofertas de emprego dos portais colaboradores.

Empresas españolas:

Se es unhaempresa española, accede ao Portal Empléate e pica en ¡REXÍSTRATE AGORA!

  • Empresas estranxeiras

    Se es unha empresa estranxeira, buscas talento e queres incluír unha oferta de emprego no portal de emprego Empléate, sigue estes pasos:

    1. Descargar e gardar antes de cubrir o Formulario de recollida de datos.
    2. Envía o formulario cuberto a ofertas.internacionales@sepe.es
    3. O Centro de Atención ao Usuario (CAU) do Servizo Público de Emprego Español (SEPE), poñerase en contacto contigo e facilitarache as instrucións para darte de alta no portal de emprego Empléate.
    4. Nese momento deberás crear un usuario e un contrasinal.
    5. No prazo máximo de 48 horas, o CAU enviarache unha mensaxe comunicándoche a activación do teu usuario e o teu contrasinal.
    6. A partir de agora a túa empresa poderá publicar as súas ofertas de traballo en portal de emprego Empléate en calquera momento e facer o seu seguimento, contactando con traballadores e seleccionando os que se axusten ao perfil solicitado.

     

    Foreign companies

    If you are a foreign company, you are looking for talent and would like to place a job offer on Empléate job portal, please take the following steps:

    1. Download and save before filling in the data collection form.
    2. Email the completed form to ofertas.internacionales@sepe.es
    3. The Customer Care Department (CAU), pertaining to the Spanish Public Employment Service (SEPE), will contact you to explain the registration process on the Empléate job portal webpage.
    4. The next step is to create a username and password.
    5. Within 48 hours (maximum), CAU will send you a message to confirm that your username and password have been activated.
    6. Once this step is complete, your company will be able to publish job offers on Empléate job portal at any time and monitor them by contacting employees and selecting those matching the required profile.

     

    Entreprises étrangères

    Si vous êtes une entreprise étrangère, vous êtes à la recherche du talent et vous souhaitez publier une offre d'emploi dans le portal d'emploi Empléate, il faut suivre la procédure suivante:

    1. Télécharger et enregistrer avant de remplir le formulaire de rassemblement de données.
    2. Envoyer le formulaire dûment rempli par courrier électronique à ofertas.internacionales@sepe.es
    3. Le Service Clients (CAU) du Service Publique Espagnole pour l'Emploi (SEPE) entrera en contact avec vous et vous fournira des instructions pour effectuer l'inscription sur le portal d'emploi Empléate.
    4. À ce moment là, vous devrez créer un nom d'utilisateur et un mot de passe.
    5. Dans un délai maximum de 48 heures, le CAU vous enverra un message confirmant l'activation du nom d'utilisateur et du mot de passe.
    6. Depuis ce moment là, votre entreprise pourra publier des offres d'emploi dans le portal d'emploi Empléate à tout moment et faire le suivi en contactant les candidats et en sélectionnant ceux adaptés au profil exigé.