Que é o catálogo de ocupacións de difícil cobertura?

Este catálogo contén aquelas profesións cuxas ofertas de emprego son máis difíciles de xestionar á hora de cubrir postos vacantes.

O catálogo, ao que se alude no artigo 65.1 do Real decreto 557/2011, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento da lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, tras a súa reforma por Lei orgánica 2/2009, contén as ocupacións nas que os Servizos Públicos de Emprego encontraron dificultade para xestionar as ofertas de emprego que os empregadores lles presentan cando queren cubrir postos de traballo vacantes.

O catálogo elaborarase para cada provincia, illas no caso das provincias insulares e para as cidades autónomas de Ceuta e Melilla. Ten carácter trimestral, esténdese a súa vixencia dende o primeiro ata o último día laborable do trimestre natural seguinte ao da súa publicación.

A presenza dunha ocupación no catálogo da zona xeográfica de que se trate implica, para o empregador, a posibilidade de tramitar a autorización para residir e traballar dirixida a un traballador estranxeiro.

Documentación