Aviso legal

A continuación mostrámosvos todos os aspectos legais que rexen o dominio sepe.es para dar a coñecer o seu concepto, as súas condicións de uso, os dereitos de acceso e a súa política de privacidade.

Titularidade

O dominio sepe.es é titularidade do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE en diante)

Concepto de Web e a súa función

A páxina web www.sepe.es, e todos os subdominios e directorios incluídos baixo esta (en diante conxuntamente denominados como Web), cumpren a función de información xeral e atención ao cidadán nos termos do establecido no artigo 4 do Real decreto 208/1996, do 9 de febreiro, polo que se regulan os servizos de información administrativa e atención ao cidadán, así como a provisión de servizos relacionados co emprego, a formación, e as prestacións por desemprego

Condicións xerais de uso

O uso da información e servizos contidos nesta Web implica a aceptación das seguintes condicións de uso:

Utilización da información contida na Web

O SEPE facilita a consulta libre e gratuíta da información contida na Web, permitindo a copia e distribución de páxinas sempre que se citen a fonte e a data na que se realizou a copia, non se manipulen nin alteren os contidos e non se utilice directamente con fins comerciais.

Os textos que se ofrecen na Web teñen carácter simplemente informativo, é dicir, carecen de validez xurídica. Para fins xurídicos, deberán consultarse os textos publicados nos Boletíns e Diarios Oficiais.

O acceso á Web, así como o uso que poida facerse da información que contén, son da exclusiva responsabilidade do usuario. O SEPE non se responsabilizará de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidesen derivarse deste acceso ou uso de información, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

Calidade da información

O SEPE desenvolverá os esforzos precisos para evitar erros e, se é o caso, reparalos ou actualizalos canto antes, non podendo garantir a súa inexistencia nin que o contido da información se atope permanentemente actualizado, polo que será conveniente comprobar a vixencia ou exactitude da información acudindo ás fontes oficiais.

O SEPE poderá efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións sobre a información contida na súa Web ou na súa configuración ou presentación.

Utilización de servizos da Web www.sepe.es

A Web www.sepe.es permite a creación de contas de usuario para cidadáns e empresas interesados en utilizar determinados servizos ofrecidos dende este espazo Web.

A autenticación será realizada por medio de DNI electrónico, certificado electrónico recoñecido dos admitidos pola Administración Xeral do Estado, así como por identificadores de usuario e contrasinais subministrados polos Servizos Públicos de Emprego.

O Usuario comprométese a achegar información veraz e lícita na utilización dos servizos ofrecidos por esta Web, recoñecendo asumir toda a responsabilidade sobre a información proporcionada. En ningún caso o SEPE será responsable dos contidos achegados polos Usuarios, aínda que actuará dilixentemente na eliminación de contidos contrarios á lei, a moral e a orde pública, segundo se aperciba dos mesmos.

Dispoñibilidade da información e servizos

O SEPE non pode garantir plenamente o funcionamento da rede de comunicacións e, por tanto, non asume responsabilidade ningunha sobre a dispoñibilidade do seu servidor. O servidor poderá ser desconectado sen previo aviso. Faranse todos os esforzos para que o impacto por tarefas de mantemento sexa o mínimo posible. O SEPE non se responsabiliza de ningún dano ou prexuízo sufrido polo usuario que se derive do acceso a este servidor ou do uso de información ou aplicacións nel contidos.

Establecemento de hiperligazóns

Hiperligazóns da Web a outras páxinas web

Na Web incluíronse ligazóns a páxinas de sitios web de terceiros (“links”), a maior parte a páxinas de Internet doutras administracións públicas, que se consideraron de interese para os usuarios. Non obstante, o SEPE non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou contidos das ligazóns de terceiros aos que se fai referencia na Web.

Hiperligazóns dende outras páxinas web á Web www.sepe.es

Os usuarios que se propoñan establecer unha hiperligazón entre a súa páxina web e a do SEPE deberán ter en conta o seguinte:
O establecemento da hiperligazón non implica en ningún caso a existencia de relacións entre o SEPE e o propietario da páxina web na que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte do SEPE dos seus contidos ou servizos. Por tanto, non se declarará nin se dará a entender que o SEPE autorizou expresamente a hiperligazón nin que supervisou ou asumiu de calquera forma os servizos ofrecidos ou postos a disposición na páxina web dende a que se establece a hiperligazón.

O SEPE non se responsabiliza de ningún xeito nin garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade de contidos ou servizos que o establecemento da hiperligazón poida ofrecer. O usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso á páxina web da hiperligazón.

A páxina web na que se estableza a hiperligazón non poderá conter ningunha marca, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes ao SEPE, excepto aqueles signos que formen parte da mesma hiperligazón.

A páxina web na que se estableza a hiperligazón non conterá informacións con contidos ilícitos, contrarios á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados e á orde pública. Tampouco incluirá contidos contrarios a calquera dereito de terceiros.

Cesión de publicacións informativas incluídas na Web

O SEPE autoriza a descarga gratuíta das publicacións informativas incluídas na Web para os efectos da súa reprodución e distribución, agás que se indique o contrario de forma expresa na propia Web.

O cesionario queda autorizado a realizar ao seu cargo as reproducións dos impresos e publicacións incluídos na Web que estime convenientes, quedando expresamente prohibida calquera alteración ou manipulación destes.

As reproducións das publicacións informativas efectuadas polos cesionarios non poderán incluír ningún tipo de publicidade, aínda que poderán estampar nas devanditas reproducións o seu anagrama e denominación empresarial. Necesariamente deberá constar o seguinte texto “Publicación informativa cedida gratuitamente polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE)”.

O cesionario realizará a distribución do manual, impreso ou publicación de forma gratuíta.

Propiedade intelectual

Os dereitos de propiedade intelectual desta Web, o seu deseño gráfico e os códigos que contén, son titularidade do SEPE, a non ser que se indique unha titularidade diferente.

A reprodución, distribución, comercialización ou transformación non autorizadas destas obras constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual do SEPE ou daquel que sexa titular.

Igualmente, todas as marcas ou signos distintivos de calquera clase contidos na Web están protexidos por Lei.

A utilización non autorizada da información contida na Web, así como os prexuízos ocasionados nos dereitos de propiedade intelectual e industrial do SEPE poden dar lugar ao exercicio das accións que legalmente correspondan e, se procede, ás responsabilidades que do devandito exercicio se deriven.

Rexistro electrónico

O servizo de presentación telemática a través do Rexistro electrónico desta Web cumpre coa normativa vixente ( Resolución do 16 de marzo de 2010, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se regula o rexistro electrónico do organismo) e, polo tanto, os documentos presentados por este medio conforme a citada normativa, teñen a mesma validez xurídica que se tivesen sido presentados por calquera outro dos especificados na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Política de privacidade

Ademais das consideracións realizadas nas Condicións de uso da Web, a política de privacidade da Web www.sepe.es baséase en:

Datos imprescindibles

A solicitude exclusivamente dos datos imprescindibles para poder proporcionarlle os servizos da Web.

Lexislación aplicable

O tratamento dos datos de carácter persoal de acordo ao establecido pola Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e demais normativa de aplicación.

Dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición

En todo momento, o usuario poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición ante a Subdirección Xeral de Estatística e Información do SEPE.

Información técnica imprescindible

O SEPE solicitará a mínima información técnica imprescindible para ofrecer un bo servizo a través desta Web. En particular, cando o usuario se conecta á Web, o SEPE analiza exclusivamente o tipo de navegador utilizado e a súa versión, co obxectivo de seleccionar a folla de estilo máis adecuada e que a visualización da Web sexa correcta, así como o idioma e o xogo de caracteres do seu navegador co mesmo motivo, como por exemplo, para a correcta visualización de caracteres acentuados.

O SEPE poderá utilizar “cookies” para almacenar información de personalización de usuarios. En todo caso, se o usuario da Web sepe.es non desexa aceptar a gravación da “cookie” no seu ordenador, poderá navegar pola Web sen ningún tipo de restrición.

Recollida de datos estatísticos

A utilización de "cookies" de visita poderase empregar con fins estatísticos (en concreto, coñecer o número de "visitantes únicos" que acceden á Web) non almacenando máis información que un número de 128 bits xerado aleatoriamente.

Coa finalidade de ofrecerlle o mellor servizo a través desta Web, e co obxecto de facilitar o seu uso, analízanse o número de páxinas visitadas, o número de visitas, así como a actividade dos visitantes da web, e a súa frecuencia de utilización.

Con esta información analízase a frecuencia de uso da web do SEPE a partir dos datos de conexión, e as seccións máis visitadas.

Ligazóns con outras páxinas.

Esta política de privacidade só é de aplicación á Web do SEPE, non se garante nos accesos a través de ligazóns con este sitio, nin ás ligazóns dende este sitio con outras webs.