Ofertas de emprego

O Servizo Público de Emprego Estatal, SEPE, ofrece o portal de emprego Empléate aos cidadáns e ás empresas, dende o cal se pode realizar unha interacción directa, libre, sinxela e gratuíta entre ofertantes (empresas) e demandantes de emprego (cidadanía). O portal Empléate ofrece, entre outras, as seguintes posibilidades aos seus usuarios:

  • Coñecer as ofertas inapropiadas: O usuario ten a posibilidade de identificar o contido dunha oferta de emprego publicada no portal como inapropiado.
  • Coñecer as ofertas en prácticas: Identifícanse dentro de Empléate as ofertas clasificadas polos portais colaboradores como ofertas en prácticas. Permítese ás empresas dadas de alta en Empléate publicar ofertas no portal con este tipo de contrato. O usuario demandante de emprego pode acceder doadamente, facendo uso dos filtros do buscador de ofertas do portal, ás ofertas clasificadas deste modo.
  • As empresas de economía social poden darse de alta en Empléate indicando a súa condición de empresa de economía social.
  • Imaxe e contidos dispoñibles en Empléate: O usuario pode acceder a todas as ofertas de emprego dispoñibles neste portal, aos postos de traballo vacantes, aos últimos datos de contratación, ás ocupacións máis contratadas e á información de referencia do Observatorio das Ocupacións do Servizo Público de Emprego Estatal.
  • En Empléate incorpóranse todas as ofertas de emprego dos portais colaboradores.

Accede a Empléate para coñecer toda a información.

Empléate

  • Ofertas internacionais

    Se desexas coñecer as ofertas de emprego internacionais do portal de emprego Empléate, pon na barra de busca o país, a cidade ou a profesión que che interesa. É conveniente que te rexistres no portal de emprego Empléate, entrando en Alta cidadán, para poder beneficiarte dos seguintes servizos:

    • Buscar, consultar e inscribirte nas ofertas de traballo.
    • Crear o teu currículo.
    • Anunciarte como demandante de emprego para que as empresas te encontren.
    • Crear alertas para que che cheguen as ofertas por correo electrónico e/ou SMS.