Fundación Estatal para a Formación no Emprego

A Fundación Estatal para a Formación no Emprego, pertencente ao Sector Público Estatal, ten carácter tripartito. O seu Padroado está constituído pola Administración Pública, representada polo SEPE, e as organizacións empresariais e sindicais máis representativas. Os fins da Fundación Estatal están detallados no artigo 8 dos seus Estatutos:

  • A mellora da formación profesional do recursos humanos das empresas.
  • A adaptación dos traballadores e das empresas á evolución da sociedade baseada no coñecemento.
  • A contribución a asegurar a formación ao longo de toda a vida.

A Fundación desenvolve as funcións consideradas na Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de Formación Profesional para o emprego no ámbito laboral e as que figuran no Convenio de colaboración asinado co Servizo Público de Emprego Estatal, colaborando co SEPE na xestión das iniciativas de formación que compoñen o Sistema de Formación para o Emprego e apoiando as actividades de avaliación, seguimento e control, así como a implantación de sistemas telemáticos para o seu desenvolvemento e execución:

  • Formación programada polas empresas para os seus traballadores.
  • Oferta formativa das administracións competentes para traballadores ocupados.
  • Permisos individuais de formación.
  • Proxectos de mozos menores de 30 anos.
  • Orientación e atención aos usuarios e ás empresas

Documentación