Acreditación e inscrición de centros (formación presencial)

Os centros e entidades de formación, relacionados no artigo 9.1 do Real decreto 395/2007 do 23 de marzo, que desexen impartir en modalidade presencial e no ámbito de xestión do Servizo Público de Emprego Estatal, as distintas iniciativas de formación integradas no subsistema de formación profesional para o emprego, poderán solicitar ao Servizo Público de Emprego Estatal a acreditación do centro ou entidade de formación para as especialidades formativas que este vaia impartir, aténdose a este procedemento.

Os interesados deberán cubrir o modelo de solicitude dispoñible nesta páxina, que tamén figura na sede electrónica do Servizo Público de Emprego Estatal, e dirixilo ao director provincial do Servizo Público de Emprego Estatal onde radique o centro ou entidade a inscribir/acreditar.

Os interesados deberán efectuar a presentación da solicitude e da documentación acreditativa esixida, a través de calquera dos medios establecidos no artigo 6 da Resolución do 29 de xullo de 2010 do director xeral do Servizo Público de Emprego Estatal pola que se regula a inscrición e, se é o caso, acreditación de centros e entidades de formación.

Se a solicitude se presentase por medios electrónicos a través do rexistro electrónico do Servizo Público de Emprego Estatal, será imprescindible dispoñer de DNI electrónico ou certificado dixital en vigor admitido polas Administracións públicas.

Documentación