Teleformación

Mediante a modalidade de teleformación pódese impartir formación profesional para o emprego referida a especialidades formativas incluídas no Catálogo que, a este fin, xestiona o Servizo Público de Emprego Estatal.

As entidades de formación con oferta de teleformación teñen que cumprir estes requisitos:

  • Dispoñer dunha acreditación para cada unha das especialidades formativas de certificado de profesionalidade que vaian impartir nesta modalidade ou unha inscrición para as restantes.
  • Comunicar o inicio de calquera acción formativa que impartan, e no caso de que se dirixa á obtención de certificados de profesionalidade e se financie con fondos non públicos, ter ademais autorización expresa para realizala.
  • Impartir as accións formativas conforme as esixencias técnico-pedagóxicas, tecnolóxicas, de espazos, instalacións, equipamento e medios humanos establecidas normativamente, así como facilitar e corresponsabilizarse no seguimento da participación dos alumnos, da aprendizaxe e a súa avaliación.
  • Acreditación e inscrición de entidades de formación

    Para poder impartir calquera das especialidades incluídas no Catálogo de Especialidades Formativas, as entidades de formación deben:

    • Estar acreditadas no Rexistro Estatal de Entidades de Formación respecto das especialidades formativas de certificado de profesionalidade.
    • Estar inscritas no Rexistro Estatal de Entidades de Formación para o resto de especialidades formativas.

    Para solicitar acreditación ao Servizo Público de Emprego Estatal, as entidades de formación han de cubrir e presentar unha solicitude por medios electrónicos a través da sede electrónica deste organismo.

    Para inscribirse a través do Servizo Público de Emprego Estatal, as entidades de formación teñen que cubrir e presentar por medios electrónicos unha Declaración Responsable, tamén a través da sede electrónica deste organismo, sendo este tamén o medio de presentar a Declaración Responsable de inscrición.

    Comprobe se o seu equipo cumpre os requisitos mínimos para o uso do servizo de rexistro electrónico.

    Poderán presentar os trámites indicados tanto os interesados coma aquelas outras persoas (apoderados, representantes,…) que actúen no seu nome e que dispoñan de habilitación para representar a terceiros, sempre que acrediten esta representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, segundo establece o artigo 32 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    Para realizar a presentación destes trámites, é requisito imprescindible dispoñer de DNI electrónico ou certificado dixital en vigor admitido polas administracións públicas e acompañalas da documentación acreditativa esixida en cada caso.

    Unha vez tramitados, o rexistro electrónico do Servizo Público de Emprego Estatal emitirá automaticamente un resgardo asinado electronicamente, que precisará a data e hora de presentación, un número de entrada no rexistro e, cando proceda, o prazo máximo establecido por normativa para a resolución e notificación deste procedemento, así como os efectos que poida producir o silencio administrativo. Este xustificante ten validez para os efectos do inicio do cómputo de prazos para a Administración e non prexulga a admisión definitiva desta se concorrese algunha das causas de rexeitamento establecidas no artigo 29.1 do Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro.

    O Servizo Público de Emprego Estatal notificará aos interesados as resolucións e actos administrativos que afecten os seus dereitos e intereses no lugar que estes sinalasen para tal efecto na solicitude, de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

      Autorización de accións formativas vinculadas a certificados de profesionalidade

      As empresas e centros de formación acreditados para a modalidade de teleformación polo Servizo Público de Emprego Estatal, poden impartir accións formativas non financiadas con fondos públicos sobre aqueles certificados de profesionalidade nos que se encontren acreditados cumprindo as obrigas que establece a lexislación sobre esta materia, entre as que figuran:

      • Ter autorizadas polo Servizo Público de Emprego Estatal as accións formativas que se vaian impartir mediante iniciativa privada e comunicar o inicio de cada unha delas con antelación á súa data de comezo.
      • Someterse ás actuacións de seguimento e control e ás auditorías de calidade que, sobre estas accións formativas, efectúe o Servizo Público de Emprego Estatal.
      • Remitir ao Servizo Público de Emprego Estatal a documentación do proceso de avaliación e entregala en prazo á Administración competente responsable de expedir o certificado de profesionalidade.

      As solicitudes de autorización e as comunicacións de inicio de acción formativa para a modalidade de teleformación serán presentadas e tramitadas por medios electrónicos.

      Os interesados deberán cumprir e presentar a solicitude de autorización ou a comunicación de inicio na sede electrónica do Servizo Público de Emprego Estatal dirixíndoa ao titular da Dirección Xeral do Servizo Público de Emprego Estatal. Comprobe se o seu equipo cumpre cos requisitos mínimos para o uso do servizo de rexistro electrónico.

      Poderán presentar a solicitude de autorización e a comunicación de inicio tanto os interesados, coma aquelas outras persoas (apoderados, representantes…) que actúen no seu nome e que dispoñan de habilitación para representar a terceiros, sempre que acrediten esta representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, segundo establece o artigo 32 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

      Para realizar a presentación da solicitude de autorización ou da comunicación de inicio, é requisito imprescindible dispoñer de DNI electrónico ou certificado dixital en vigor admitido polas Administracións públicas e acompañala da documentación acreditativa esixida en cada unha delas.

      Unha vez tramitada, o rexistro electrónico do Servizo Público de Emprego Estatal emitirá automaticamente un resgardo asinado electronicamente, que precisará a data e hora de presentación, un número de entrada de rexistro e o prazo máximo establecido por normativa para a resolución e notificación da autorización solicitada, así como dos efectos que poida producir o silencio administrativo.

      Este xustificante ten validez para os efectos de inicio do cómputo de prazos para a Administración e non prexulga a admisión definitiva desta se concorrese algunha das causas de rexeitamento establecidas no artigo 29.1 do Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro.

      O Servizo Público de Emprego Estatal notificará aos interesados as resolucións e actos administrativos que afecten os seus dereitos e intereses no lugar que estes sinalasen para tal efecto na solicitude, de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

    Documentación