Que son os Centros de Referencia Nacional?

A Lei orgánica5/2002, do 19 de xuño, das Cualificaciónse da FormaciónProfesional, estableceu que "a innovación e experimentación en materia de formación profesional se desenvolverá a través dunha Rede de Centros de Referencia Nacional, con implantación en todas as comunidades autónomas, especializados nos distintos sectores produtivos." O Real decreto 229/2008, do 15 de febreiro,polo que se regulan os Centros de Referencia Nacional no ámbito da formación profesional desenvolve o establecido na citada Lei, establecendo, entre outros aspectos, os fins, funcións, funcionamento, financiamento dos devanditos centros, etc, así como a creación, cualificación e titularidade da Rede de Centros de Referencia Nacional no ámbito da formación profesional.

Trátase de centros de innovación e experimentación que actúan como unha institución ao servizo dos sistemas de formación profesional para facilitar a súa competitividade e calidade, e dar resposta aos cambios na demanda de cualificación dos sectores produtivos. Distínguense por programar e executar actuacións de carácter innovador, experimental e formativo en materia de formación para o emprego, no ámbito do sector produtivo que teñan asignado, de modo que sirvan de referente ao conxunto do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional para o desenvolvemento da formación profesional.

Funcións

Entre as súas funcións figura a análise de novas tendencias formativas, a súa experimentación e posta en práctica e a promoción de redes tanto con organizacións empresariais e sindicais coma con universidades e centros tecnolóxicos coa finalidade de ser punteiros cada un nun sector produtivo relacionado coas familias e áreas profesionais do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Para cumprir este obxectivo, adoptarán as medidas, proxectos e programas precisos para atender as necesidades dos sectores emerxentes e innovadores e conseguir así unha formación profesional máis competitiva, que responda aos cambios produtivos que demanda o mercado de traballo.

Colectivos

Os centros de referencia nacional poderán incluír accións formativas dirixidas a estudantes, traballadores ocupados e desempregados, así como a empresarios, formadores e profesores, relacionadas coa innovación e a experimentación en formación profesional, vinculadas ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Bolsas e axudas a desempregados

Os cursos de ámbito nacional van dirixidos prioritariamente a traballadores desempregados que exerzan ou vaian exercer as súas actividades profesionais axustadas ás necesidades que demanda o mercado de traballo, os cales poden recibir axudas e bolsas segundo o disposto na Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo e a Resolución do Servizo Público de Emprego Estatal do 18 de novembro de 2008.

Financiamento

O financiamento das actividades realízao a Administración Xeral do Estado, que asina anualmente un Plan de Traballo no que se acordan as accións de ámbito nacional entre o Servizo Público de Emprego Estatal, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e as comunidades autónomas, baseadas nos obxectivos prioritarios e estratéxicos establecidos no Plan de Actuación Plurianual da rede, acordado no Consello Xeral da Formación Profesional.

Rede de Centros de Referencia Nacional

A rede nacional está formada por 52 Centros de Referencia Nacional, 48 en distintas CC.AA. e 4 de Departamento Ministeriais. Existe polo menos un en cada comunidade autónoma e dan cobertura a todas as familias profesionais nas que se estrutura o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, abranguendo todos os sectores produtivos. Actualmente hai 25 Centros de Referencia Nacional, cualificados por Real Decreto, dunha rede que se completará ata 52 CRN, propostos polos Ministerios de Traballo, Migracións e Seguridade Social e do Ministerio de Educación e Formación Profesional ao Consello Xeral de Formación Profesional.

Directorio de Centros que conforman a Rede.

Nesta ligazón atoparás o directorio de Centros que conforman a Rede.

  • Normativa de Cualificación

    Aragón

    Real Decreto 67/2015, do 6 de febreiro, polo que se cualifica como CRN ao Centro Nacional de FPO de Tecnoloxías Avanzadas de Zaragoza, na área profesional Produción Audiovisual e na área profesional Producións Fotográficas da familia profesional Imaxe e Son, no ámbito da formación profesional.

    Real Decreto 39/2019, do 1 de febreiro, polo que se crea como Centro de Referencia Nacional o Centro de Innovación para a Formación Profesional de Aragón, na área profesional Loxística Comercial e Xestión do Transporte da familia profesional Comercio e Mercadotecnia, no ámbito da formación profesional.

    Cantabria

    Real Decreto 873/2015, do 2 de outubro, polo que se crea como Centro de Referencia Nacional o Centro de Investigación e Formación en Electricidade e Electrónica de Torrelavega, na área profesional Instalacións Eléctricas, na área profesional Instalacións de Telecomunicación e na área profesional Equipos Electrónicos da familia profesional Electricidade e Electrónica, no ámbito da formación profesional.

    Castela-A Mancha

    Real Decreto 876/2015, do 2 de outubro, polo que se cualifican como Centros de Referencia Nacional ao Centro Nacional de Formación Profesional Ocupacional de Ciudad Real, na área profesional Bebidas e na área profesional Aceites e Graxas da familia profesional Industrias Alimentarias e ao Centro Nacional de Formación Profesional Ocupacional de Guadalajara, na área profesional Enerxía Eléctrica, na área profesional Auga e na área profesional Gas da familia profesional Enerxía e Auga, no ámbito da formación profesional.

Documentación