Certificados de profesionalidade

Os certificados de profesionalidade, regulados polo Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, son o instrumento de acreditación oficial das cualificacións profesionais do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais no ámbito da administración laboral.

Estes certificados acreditan o conxunto de competencias profesionais que capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral identificable no sistema produtivo sen que iso constitúa regulación do exercicio profesional.

Teñen carácter oficial e validez en todo o territorio nacional e son expedidos polo SEPE e os órganos competentes das comunidades autónomas.

Obtéñense a través de dúas vías:

  • Superando todos os módulos que integran o certificado de profesionalidade.
  • Seguindo os procedementos establecidos para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación.

Por outro lado, o Real decreto 189/2013, do 15 de marzo, ten por obxecto introducir as modificacións da regulación dos certificados de profesionalidade en relación co novo contrato para a formación e á aprendizaxe, coa formación profesional dual, así como en relación coa súa oferta e implantación e con aqueles aspectos que dan garantía de calidade ao sistema. Tamén normaliza os requirimentos para a acreditación de centros con oferta de teleformación, así como dos seus titores-formadores, amplía a participación na oferta formativa aos centros de iniciativa privada e ás empresas e establece medidas para favorecer a xestión eficaz desta oferta e para mellorar o seguimento da calidade no desenvolvemento da actividade formativa.

Documentación