Familias profesionais

Familia profesional

Conxunto de cualificacións nas que se estrutura o catálogo nacional de cualificacións profesionais, atendendo a criterios de afinidade da competencia profesional.

A relación de familias profesionais establécese no Real decreto 1128/2003, do 5 de setembro, polo que se regula o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais e no Real decreto 1416/2005, do 25 de novembro, que o modifica.

Área profesional

Enténdese por área profesional un ámbito de actividades produtivas afíns que supón un desenvolvemento profesional homoxéneo dentro dunha familia profesional e dos coñecementos e habilidades que son necesarios para acadalos. Caracterízase pola relación entre as actividades profesionais, o uso das tecnoloxías, a circulación da información, a linguaxe, os tipos de produtos e as habilidades e coñecementos que se desenvolven.

A relación das áreas profesionais son as que figuran na Resolución do 12 de marzo de 2010, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se establece o procedemento para a inclusión de novas especialidades no ficheiro de especialidades formativas.

Accede á listaxe de certificados de profesionalidade premendo sobre a familia que desexes