Información sobre o Plan de perfeccionamento técnico

O Servizo Público de Emprego Estatal (en diante, SEPE), a través da Subdirección Xeral de Políticas Activas de Emprego (SGPAE) establece un Plan anual de perfeccionamento técnico para formadores (PTF) de formación profesional para o emprego (FPE), en colaboración cos servizos públicos de emprego autonómicos e os centros nacionais de formación profesional ocupacional (CNFPO) e as direccións provinciais do SEPE, co fin de dar resposta ás necesidades de perfeccionamento e actualización técnico-pedagóxica dos formadores que imparten formación profesional para o emprego.

  • Que é o Plan de perfeccionamento?

    Introdución

    O desenvolvemento deste plan dá cumprimento á normativa establecida no Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de FPE, á Orde TAS 718, do 7 de marzo de 2008, pola que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego en materia de formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento, e á Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

    O Real decreto 395/2007, do 23 de marzo establece a formación como un obxectivo estratéxico para reforzar a produtividade e competitividade das empresas, ademais de potenciar a empregabilidade dos traballadores nun mundo en constante cambio, polo que se define un único modelo de formación profesional e se introducen melloras para adaptar a formación á nova realidade económica e social, así como ás necesidades que demanda o mercado de traballo; trátase de promover a formación entre traballadores e empresarios, e converter a aprendizaxe permanente no noso país nun elemento fundamental non só para a competitividade e o emprego, senón tamén para o desenvolvemento persoal e profesional dos traballadores.

    Os cursos PTF que imparte a rede de CNFPO para formadores FPE inclúen contidos específicos teóricos e prácticos. Tamén se programan cursos de actualización de habilidades e competencias técnico-pedagóxicas que favorezan a aplicación de novas técnicas ou procesos innovadores en áreas prioritarias.

    Para a elaboración do Plan FTP recolleuse a demanda de formación profesional detectada polos seguintes medios:

    • Propostas de cursos dos responsables de formación dos CNFPO e das comunidades autónomas, referentes á familia profesional ou área profesional competencia do centro.
    • Estudo sobre as necesidades específicas e transversais de perfeccionamento técnico e desenvolvemento de habilidades profesionais, recollidas no «cuestionario de avaliación» de alumnos formados nos cursos de anos anteriores.
    • Identificación das novas tendencias de formación profesional.
    • Materias innovadoras ou que supoñen novas tecnoloxías, ferramentas, procesos industriais, recursos didácticos, novos contidos e metodoloxías...
    • Directrices emanadas da Unión Europea (protección do ambiente, prevención de riscos laborais, tecnoloxías da información e comunicación, calidade, etc.), e de aplicación das políticas públicas, como son a promoción de medidas para a igualdade de oportunidades, a integración de persoas con discapacidade, de promoción da autonomía persoal e atención a persoas en situación de dependencia, loita contra a violencia sobre a muller e conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

    Obxectivos

    O obxectivo xeral das accións formativas é desenvolver a capacidade técnica dos docentes de formación profesional, mellorar as súas habilidades didácticas e incrementar a súa profesionalidade.

    Os obxectivos específicos que se perseguen no PPTF son:

    • Actualizar os coñecementos profesionais dos formadores en especialidades ou competencias que teñen incidencia no seu labor docente.
    • Formar os docentes, tanto teórica como practicamente, en áreas de novas tecnoloxías, novas tendencias de formación ou que supoñan certa innovación e en áreas prioritarias de fomento do emprego.
    • Complementar a formación teórica e práctica necesaria en novas ocupacións ou especialidades.
    • Adquirir experiencia en contornos reais de traballo.
    • Satisfacer as aspiracións de promoción e desenvolvemento profesional dos docentes, capacitándoos para un mellor desempeño da súa profesión.

    O SEPE, nas accións formativas de perfeccionamento técnico, ten como obxectivo informar os docentes da normativa no ámbito da formación profesional, como son os reais decretos de formación profesional, os certificados de profesionalidade, os títulos e os centros de referencia nacional de formación profesional.

    Tamén durante 2011 se está actualizando o repertorio de certificados de profesionalidade, de tal xeito que nos cursos de perfeccionamento técnico programados se ofrezan os mecanismos necesarios para que os docentes poidan impartir os novos certificados.

    Xestión do plan de perfeccionamento técnico

    O SEPE financia e aproba o PTF, realiza a oferta anual de cursos de perfeccionamento técnico, encárgase da súa publicación e divulgación e leva a cabo a avaliación e control de calidade do plan (artigo 37, Real decreto 395/2007). A selección de alumnos participantes nestes cursos realizarana os centros de impartición.

    Unha vez aprobado o plan pola SGPAE, correspóndelles aos CNFPO, comunidades autónomas e direccións provinciais do SEPE facer a programación, gravar os cursos PTF na aplicación corporativa, sexa de cesión de uso ou sistema propio, na modalidade de xestión (05) Plans de traballo, e efectuar a liquidación no prazo máximo dun mes unha vez finalizados os cursos. Correspóndelle á rede de centros nacionais a selección de alumnos, a comunicación aos seleccionados e a impartición, seguimento e avaliación de cada unha das accións formativas.

    Destinatarios do plan

    O PPT vai dirixido a docentes de FPE, a formadores de escolas obradoiro, casas de oficio, obradoiros de emprego, centros colaboradores, a docentes de formación continua e a profesores que imparten formación profesional en centros integrados e centros de formación profesional, os cales poderán solicitar estes cursos sempre que cumpran os requisitos esixidos no Real decreto de formación profesional para o emprego, na súa Orde de desenvolvemento e na Lei orgánica de educación, ademais de na ficha técnica de cada curso definida polo centro impartidor.

    Requirimentos

    Para asistir aos cursos programados do Plan de perfeccionamento técnico de docentes de formación profesional para o emprego, os interesados deben cumprir unha serie de requisitos, como son: cubrir unha solicitude, dispoñer do informe favorable do responsable da túa comunidade autónoma de orixe e que adquira o compromiso de realizar o curso.

    Solicitude de cursos

    Para asistir aos cursos programados do plan, os interesados poden cubrir o formulario-web de solicitude de asistencia ao curso de perfeccionamento técnico dispoñible na sede electrónica. Admitiranse solicitudes gravadas na aplicación de PTF ata os 30 días anteriores ao comezo do curso.

    Para dar oportunidade a todos os formadores solicitantes, o formador pode solicitar ata 6 cursos ao ano, pero só poderá asistir a 3 cursos nun ano.

    O acceso ao formulario de solicitude destes cursos require:

    Ademais pódese crear un novo usuario directamente na web Empléate.

    Con DNI electrónico ou certificado dixital, no caso de formar parte da base de datos (por ter solicitado cursos de perfeccionamento técnico nos anos anteriores) ao introducir o DNI do solicitante cargaranse os datos persoais e tamén se poderán realizar as modificacións de contacto oportunas. Se entra na aplicación como usuario básico, os datos serán novamente cubertos. Por iso, é recomendable, nos avances que se realizan na administración electrónica, efectuar as xestións con DNI ou certificado dixital.

    Ao introducir os datos de contacto na ficha persoal é recomendable cubrir o móbil e o correo electrónico para que a Administración poida poñerse en contacto co solicitante. Así, tamén cando se dea alta en www.sepe.es é recomendable cubrir os datos persoais con veracidade, posto que serán eses datos os que se utilicen para contactar co usuario.

    Ao consolidar na aplicación a solicitude efectuada, xérase un documento pdf que se envía ao enderezo de correo electrónico da ficha do alumno, aínda que con este documento o usuario non ten que realizar ningunha xestión, xa que o pasado ano entrou en vigor unha nova prestación que é o "visto e prace electrónico". Para comprobar que un formador realizou a solicitude pode consultalo no mesmo menú, no apartado Consulta o estado da túa solicitude.

    As persoas afectadas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% poderán indicar na solicitude as adaptacións e axustes necesarios para asegurar a súa participación activa no curso.

    Informe da comunidade autónoma/ Dirección Provincial do SEPE

    Para asistir a este tipo de cursos, os formadores requiren o informe favorable do responsable da súa comunidade autónoma de orixe. As comunidades autónomas ou, se é o caso, a Dirección Provincial do Servizo Público de Emprego Estatal, comprobarán a veracidade dos datos.

    Dende o ano 2010 a xeración do "V. e Pr. electrónico" realízase dende a comunidade correspondente mediante o acceso á aplicación informática de perfeccionamento técnico. Os docentes en situación de desemprego recibirán o "V. e Pr. electrónico" do responsable da comunidade autónoma á que pertence.

    Compromiso de asistencia aos cursos

    Cando se realiza a solicitude recoméndase que se adquira o compromiso de realizar o curso e prevexan a súa dispoñibilidade na data programada, agás causas moi xustificadas. Han de comunicar a súa asistencia ao centro onde se imparte o curso coa maior brevidade posible, co fin de poder suplir as posibles vacantes.

    No caso do alumno seleccionado para un curso que non confirme a súa asistencia con suficiente tempo ou non se presente ao curso sen a debida xustificación, poderase desestimar a súa participación nas próximas accións formativas solicitadas.

    Xestión e financiamento

    Xestión do plan de perfeccionamento técnico

    O SEPE financia e aproba o PTF, realiza a oferta anual de cursos de perfeccionamento técnico, encárgase da súa publicación e divulgación e leva a cabo a avaliación e control de calidade do plan (artigo 37, Real decreto 395/2007). A selección de alumnos participantes nestes cursos realizarana os centros de impartición.

    Unha vez aprobado o plan pola SGPAE, correspóndelles aos CNFPO, comunidades autónomas e direccións provinciais do SEPE facer a programación, gravar os cursos PTF na aplicación corporativa, sexa de cesión de uso ou sistema propio, na modalidade de xestión (05) Plans de traballo, e efectuar a liquidación no prazo máximo dun mes unha vez finalizados os cursos. Correspóndelle á rede de centros nacionais a selección de alumnos, a comunicación aos seleccionados e a impartición, seguimento e avaliación de cada unha das accións formativas.

    Financiamento do plan

    O SEPE financia ás comunidades autónomas a impartición das accións formativas, así como a entrega da documentación e dos materiais correspondentes.

    Os cursos impártense na rede CRN, polo que os gastos de transporte, manutención e aloxamento para formadores ocupados que participen en accións formativas serán imputados aos custos directos da actividade formativa.

    Os formadores funcionarios ou laborais dependentes das comunidades autónomas ou outros organismos oficiais poderán ir con comisión de servizo a cargo da respectiva comunidade autónoma ou organismo do que dependan.

    Axudas para docentes desempregados

    Tipos de axudas a desempregados (Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo)

    Poderán solicitar as bolsas e axudas contempladas os formadores desempregados que participen nas modalidades de formación previstas nesta orde. A xestión e o aboamento destas bolsas e axudas corresponderán ao SEPE e aos órganos competentes das comunidades autónomas, segundo os seus respectivos ámbitos. A súa concesión realizarase de forma directa, segundo o procedemento establecido no Real decreto 357/2006, do 24 de marzo, previa solicitude do alumno.

    Bolsa para docentes con discapacidade:

    Importe: Contía máxima de 9€/día de asistencia.

    Esta contía poderá incrementarse ata nun 50% cando os destinatarios das bolsas pertenzan a colectivos con maiores dificultades de inserción e participen nos programas específicos de itinerarios de formación profesional personalizados.

    Requisitos: desempregados con discapacidade que participen nas modalidades de formación previstas nesta orde, os alumnos dos programas públicos de emprego-formación regulados pola súa normativa específica e determinados colectivos de desempregados que participen en itinerarios de formación profesional personalizados, no marco dos programas específicos previstos no artigo 22 desta orde.

    Documentación: acreditar a súa discapacidade mediante certificación emitida polo Instituto de Maiores e de Servizos Sociais (IMSERSO) ou servizo correspondente da comunidade autónoma.

    Axuda de transporte público urbano:

    Importe: contía máxima de 1,5€ por día de asistencia.

    Requisitos: desempregados que utilicen a rede de transporte público para asistir á formación.

    Documentación: A Administración pública competente para o aboamento da axuda determinará a súa contía e o sistema de xustificación.

    Axuda de transporte en vehículo propio:

    Importe: Contía máxima por día de asistencia de 0,19€ por quilómetro.

    Requisitos: Cando non exista medio de transporte público entre o domicilio do alumno e o do centro, ou este transporte non teña un horario regular que permita compatibilizalo co da acción formativa.

    Documentación: Esta circunstancia será considerada polo órgano competente para o aboamento da axuda.

    Axuda de manutención:

    Importe: contía máxima de 12,00€ por día lectivo.

    Axuda de aloxamento e manutención:

    Importe: Ata 80,00€ por día natural máis o aboamento dos billetes de transporte en clase económica dos desprazamentos inicial e final.

    Requisitos: Cando, pola rede de transportes existente, os desprazamentos non poidan efectuarse diariamente antes e despois das clases. A concorrencia desta última circunstancia será apreciada polo órgano da Administración pública competente para o aboamento da axuda.

    Documentación: O gasto real de aloxamento xustificarase por medio do contrato de arrendamento, a factura de hospedaxe ou calquera outro medio documental acreditativo.

    Cando os cursos sexan a distancia, estas axudas só se percibirán no caso de que os participantes deban trasladarse a sesións formativas presenciais.

    As axudas para suplir gastos de transporte, manutención e aloxamento previstas neste artigo non se computarán como renda para efectos do indicado no artigo 215.3.2 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño.

    Axudas á conciliación:

    Importe: 75% do IPREM (indicador público de renda de efectos múltiples) diario por día de asistencia.

    Requisitos:

    • Ter ao seu cargo menores de 6 anos ou familiares dependentes ata o segundo grao.
    • Que non se rexeitasen ofertas de traballo adecuadas nin a participación en actividades de promoción, formación ou reconversión profesional no prazo dun mes dende que se esgotase o subsidio por desemprego ou a prestación contributiva.
    • Carecer de rendas de calquera clase superiores ao 75% do IPREM.

    No caso de que o solicitante careza de rendas e teña cónxuxe, fillos ou maiores incapacitados ao seu cargo, entenderase cumprido o requisito anterior sempre que a suma das rendas de todos os integrantes da unidade familiar, incluído o solicitante, dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o 75% do IPREM. Para estes efectos computarase como renda o importe dos salarios sociais, as rendas mínimas de inserción ou as axudas análogas de asistencia social concedidas polas comunidades autónomas.

    Documentación: establecida pola Administración pública competente.

    Gastos de transporte, manutención e aloxamento para ocupados.

    Anexo II: Custos financiables e criterios de imputación, 1. Custos directos da actividade formativa, alínea "f" que participen nas accións formativas cos límites fixados na Orde EHA/3771/2005, do 2 de decembro, pola que se revisa a contía dos gastos de locomoción e das axudas de custo no Imposto sobre a renda das persoas físicas a ocupados.

     

    Criterios de selección

    Os centros impartidores analizan as solicitudes para elaborar a listaxe de seleccionados, tendo en conta os seguintes criterios:

    • Realizarase unha preselección só coas solicitudes debidamente informadas polo responsable da comunidade autónoma de cada solicitante. A solicitude con informe desfavorable ou non informada, ou con falta de datos técnicos para ser valorada, quedará desestimada.
    • Aos cursos de perfeccionamento técnico só poden asistir formadores de formación profesional.
    • Terán preferencia aqueles formadores que impartan accións formativas actualmente. Outro colectivo preferente son os docentes en desemprego ao inicio do curso
    • Adecuación do contido co perfil académico e profesional do solicitante.
    • Número total de cursos que imparte en FPE e horas impartidas nos últimos cinco anos.
    • Idoneidade do itinerario profesional do solicitante coa acción formativa.
    • Considerarase preferente un docente en activo que non asistise a cursos de perfeccionamento técnico no ano actual ou nos dous últimos anos.
    • Non será seleccionado un formador que nos 3 últimos anos realizase cursos de contido similar.
    • Só serán seleccionados alumnos que non fosen convocados na mesma data de impartición para outro curso.
    • A selección intentará que a listaxe de convocados supoña unha repartición proporcional por colectivos ou os distintos centros, CCAA ou entidades de FPE, e se respecte o principio de igualdade de oportunidades, igualdade de xénero e integración das persoas con discapacidade, sempre que sexa posible.

    Para realizar un seguimento adecuado dos candidatos seleccionados e constatar que o proceso se axusta á normativa, a Subdirección Xeral de Políticas Activas de Emprego considera necesario recibir a listaxe dos seleccionados que confirmaron a súa asistencia unha semana antes do comezo de cada curso, enviando a lista de seleccionados confirmados á caixa de correo de correo electrónico perfeccionamiento.formadores@sepe.es

    Os formadores de FPE que solicitan estes cursos poderán consultar en Internet a situación das súas solicitudes. Se está seleccionado, se é reserva e se non cumpre os requisitos, informaráselle uns días antes da data de comezo do curso; aínda que os seleccionados e reservas serán avisados polo centro que imparte o curso, para que confirmen a súa asistencia. Preparouse un dispositivo de sms que comunique aos formadores seleccionados, aínda que este ano está en probas.

    Avaliación e diploma

    Avaliación dos cursos

    O SEPE fomentará e garantirá a implantación de sistemas e dispositivos de mellora continua da calidade nos centros que impartan as accións formativas, a través da avaliación da calidade, e fixará criterios e indicadores de acordo co "Cuestionario de avaliación de calidade" (Resolución do 4 de outubro de 2007, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se publica o "Cuestionario de avaliación").

    Os alumnos formados, os resultados e as análises dos "cuestionarios de avaliación da calidade" realizados polos propios alumnos formados e o coordinador do curso, poderanse gravar directamente na aplicación Silcoiweb de perfeccionamento técnico, no prazo dunha semana dende a finalización do curso, sen que sexa necesario o envío por correo postal.

    Diploma

    Nas accións presenciais considerarase que un alumno finalizou o curso cando asistise, polo menos, ao 75% das clases da acción formativa. Así mesmo, nas accións formativas a distancia considerarase que finalizaron a acción aqueles alumnos que realizasen polo menos o 75% dos controis periódicos de seguimento da súa aprendizaxe ao longo dela.

    Aos formadores que realizasen un curso con aproveitamento entregaráselles un diploma. Naqueles casos nos que o curso non se finalice ou non se participe cunha motivación ou actitude axeitada, os formadores só recibirán un certificado de asistencia.

    Este ano realizarase a emisión dos diplomas de forma diferente: dende os servizos centrais do SEPE, unha vez que o coordinador do curso cubrise os alumnos que asistiron ao curso, xerarase automaticamente un documento PDF co diploma cuberto co nome de cada alumno asistente, e a sinatura escaneada do director xeral do SEPE. Á comunidade autónoma correspóndelle imprimir os diplomas, tramitar a sinatura do director xeral da comunidade impartidora e a posterior entrega ao interesado.

    Prazo, solicitude e trámite

    Prazo de solicitude

    Para poder efectuar unha selección de alumnos adecuada consideraranse só as solicitudes informadas a cursos de perfeccionamento que se formalicen na aplicación informática 30 días antes da data de comezo de cada curso.

    En liña Dende a sede electrónica

    Solicitude de asistencia a cursos