Teño dereito á RAI

Se segues no paro e non tes dereito á prestación contributiva nin ao subsidio por desemprego, podes solicitar a renda activa de inserción (RAI).

Se non tes dereito á RAI, infórmate sobre os Programas de Cualificación Profesional das Persoas que esgoten a súa Protección por Desemprego (PREPARA) e o de Activación para o Emprego, baseados en accións de políticas activas de emprego, actuacións de intermediación laboral e na percepción dunha axuda económica de apoio.

En liña Dende a sede electrónica

Presencial Pide a túa cita na túa oficina máis próxima

FAQ Accede ás preguntas máis solicitadas

Requisitos

  • Estar desempregado e inscrito como demandante de emprego, manter a devandita inscrición durante todo o período de percepción da prestación e subscribir o compromiso de actividade.
  • Ser menor de 65 anos.
  • Non ter ingresos mensuais propios superiores ao 75 % do salario mínimo interprofesional (SMI), excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. (Contías para este ano). Las rendas se computarán por su rendimiento íntegro o bruto. O rendemento que proceda de actividades empresariais, profesionais, agrícolas, gandeiras ou artísticas, computarase pola diferenza entre os ingresos e gastos necesarios para a súa obtención. As ganancias patrimoniais computaranse pola diferenza entre as ganancias e as perdas patrimoniais.
  • Se tes cónxuxe e/ou fillos menores de 26 anos ou maiores discapacitados, ou menores acollidos, unicamente se entenderá cumprido o requisito de carencia de rendas cando a suma das rendas de todos os integrantes da túa unidade familiar así constituída, incluíndote a ti, dividida polo número de membros que a compoñen, non supera o 75 % do SMI, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
  • Non ter sido beneficiario da RAI nos 365 días naturais anteriores á data de solicitude de admisión ao programa, agás no caso de vítimas de violencia de xénero ou vítimas de violencia doméstica e persoas con discapacidade.
  • Non ter sido beneficiario de tres dereitos ao programa de renda activa de inserción anteriores.

Desempregados de longa duración

Persoas con discapacidade

Emigrantes retornados

Vítimas de violencia de xénero ou de violencia doméstica

Máis información sobre a Renda Activa de Inserción (RAI)

Podes obter máis información de cada colectivo no teléfono de atención á cidadanía 901 119 999.

Duración e contía

A RAI concédese durante 11 meses como máximo e cóbrase con efectos do día seguinte á solicitude.

A contía mensual desta axuda é o 80 % do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM). (Contías para este ano)

Ademais, podes obter outras axudas:

  • Se es vítima de violencia de xénero ou doméstica e te viches obrigada ou obrigado a cambiar a túa residencia nos doce meses anteriores á solicitude de admisión ao Programa ou durante a túa permanencia neste, podes solicitar unha axuda suplementaria de tres mensualidades da RAI, nun pagamento único sen que iso minore a duración da devandita renda, e poderala percibir unha soa vez por cada dereito de admisión á RAI.
  • Se comezas traballar como persoa autónoma ou te colocas por conta allea a tempo completo, suspéndese o pagamento da RAI e tes dereito a unha axuda equivalente ao 25 % da contía desta durante un máximo de 180 días, sen que iso reduza a duración da RAI pendente de percibir.
  • Se te colocas a tempo parcial, deducirase do importe da RAI a parte proporcional ao tempo traballado e o período pendente de percibir mentres se manteña a compatibilidade, ampliarase na mesma proporción. 

O pagamento da RAI realizarase por mensualidades de 30 días, entre os días 10 e 15 do mes inmediato seguinte ao que corresponda a devindicación. Efectuarase, agás excepcións, mediante o aboamento na conta da entidade financeira que indiques, sempre que sexas titular desta.

 

Documentación necesaria

Para poder acceder á RAI deberás presentar a seguinte documentación:

  • Modelo oficial de solicitude.
  • Identificación do solicitante e, se é o caso do cónxuxe e/ou dos fillos ou fillas que conviven ou están ao seu cargo e que figuran na solicitude (bastará coa exhibición dos documentos):
    • Españois: Documento Nacional de Identidade (DNI) ou pasaporte.
    • Estranxeiros residentes en España:
      • Comunitarios: Certificado de rexistro de cidadán da Unión Europea no que consta o NIE, xunto co pasaporte ou documento identificativo no seu país de orixe.
      • Non comunitarios: Tarxeta de identidade de estranxeiros (TIE) na que consta o NIE, e o pasaporte.
  • Calquera documento bancario no que figure o número de conta do que sexa TITULAR e onde desexe percibir a prestación.
  • Libro de Familia ou documento equivalente, no caso de estranxeiros.
  • Se llo piden na oficina de emprego, deberá entregar un xustificante de rendas. Se alega como carga fillos maiores de 26 anos discapacitados, debe achegar un certificado de discapacidade e do grao recoñecido expedido polo INSS, polo IMSERSO ou polo organismo competente da comunidade autónoma

A condición de persoa con discapacidade de grao igual ou superior ao 33 % acredítase con algún dos seguintes documentos:

  • Resolución ou certificado expedido polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) ou o órgano competente da comunidade autónoma.
  • Resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) onde se recoñeza a condición de pensionista por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez.
  • Resolución do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas ou do Ministerio de Defensa onde se recoñeza unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

En caso de acceder ao programa por ser traballador emigrante retornado deberás achegar:

  • Se regresa dun país membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, formulario U1 ou E-301.
  • No caso dos emigrantes de Suíza, certificado da Agregaduría Laboral do devandito país ou formulario U1.
  • Se retorna de Australia, formulario de enlace.
  • Se regresa dun país que non sexa membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo ou co que non exista convenio sobre protección por desemprego: Certificación emitida polas áreas e dependencias provinciais de Traballo e Asuntos Sociais das delegacións ou subdelegacións do Goberno na que conste a data de retorno e o tempo traballado no país de emigración.

De acceder á RAI como vítima de violencia de xénero ou vítima de violencia doméstica deberás acreditar tal condición achegando sentenza xudicial, orde de protección xudicial, informe do Ministerio Fiscal ou informe dos servizos sociais da administración pública competente (autonómica ou local) ou casa de acollida, onde se indique que recibes asistencia por esta circunstancia.

No suposto de acceder á RAI, se es desempregado de longa duración ou persoa con discapacidade, deberás presentar o formulario de declaración de busca activa de emprego que acredite que durante o período de inscrición previo á solicitude de admisión ao programa, se realizaron polo menos, tres accións de busca activa de emprego.

Soamente se a entidade xestora o solicita, deberás achegar o xustificante de rendas.

Podes obter máis información no teléfono 901 119 999.

Cando, como e onde o tramito

A devindicación da contía da RAI iniciarase a partir do día seguinte á data de solicitude de admisión.

Poderás presentar a solicitude a través de:

Documentación