Programa de activación para o emprego

Esgotaches a túa protección por desemprego e o PREPARA e ningunha das vías se adecúa á túa situación?

Infórmate sobre o programa de activación para o emprego

Trátase dun programa específico e extraordinario de carácter temporal, dirixido a persoas desempregadas de longa duración que comprende políticas activas de emprego e intermediación laboral xestionadas polos Servizos Públicos de Emprego coa finalidade de incrementar as oportunidades de retorno ao mercado de traballo e ofrece unha axuda económica de acompañamento xestionada polo Servizo Público de Emprego Estatal, vinculada á participación nas mencionadas políticas de activación para o emprego.

Para ser admitidos no programa e obter o recoñecemento da axuda económica de acompañamento, as persoas desempregadas deberán presentar, logo de cita, a solicitude de incorporación ao programa, en modelo oficial, na oficina de prestacións do Servizo Público de Emprego Estatal, entre o 15 de xaneiro de 2015 e o 15 de abril de 2017.

Poderase acceder a este unha soa vez.

Presencial Pide a túa cita na túa oficina máis próxima

FAQ Accede ás preguntas máis solicitadas

Requisitos

Poderán ser beneficiarias do programa as persoas desempregadas que, á data de presentación da solicitude de incorporación a este, reúnan os seguintes requisitos:

  • Ter transcorrido polo menos seis meses dende o esgotamento dalgunha das seguintes axudas ou prestacións: a renda activa de inserción (RAI), cando se esgote o terceiro dereito a esta; o Programa temporal de protección por desemprego e inserción (PRODI); ou o Programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego (PREPARA). Ademais, se posteriormente se tivese percibido a prestación por desemprego ou o subsidio por desemprego, deberán ter transcorrido polo menos seis meses dende o seu esgotamento. Non se considerará esgotamento a extinción derivada dunha sanción ou baixa no dereito por causa imputable ao beneficiario.
  • Estar inscrito como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego competente a data 1 de decembro de 2014 ou a 1 de abril de 2016. Este requisito entenderase cumprido nos supostos en que o traballador, aínda non estando inscrito como demandante de emprego nalgunhas das devanditas datas, teña interrompida a inscrición debido á realización dun traballo por conta allea, sempre que a duración do contrato fose por tempo inferior a 90 días.
  • Ter permanecido inscrito como demandante de emprego durante 360 días nos dezaoito meses inmediatamente anteriores á data da solicitude de incorporación ao programa.
  • Carecer do dereito á protección contributiva ou asistencial por desemprego, ou á renda activa de inserción.
  • Ter cesado involuntariamente nun traballo por conta allea previamente ao esgotamento do último dereito dos considerados no primeiro punto. Ademais, se se tivese traballado tras o esgotamento do devandito dereito, ter cesado de forma involuntaria no último traballo realizado.
  • Carecer de rendas, de calquera natureza, superiores en cómputo mensual ao 75 por cento do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias, e acreditar responsabilidades familiares. Para estes efectos non se terán en conta as rendas derivadas das actividades compatibles coa axuda.

Para os efectos do acceso ao programa, non se considerará desempregado quen na data de solicitude de incorporación a este se encontre traballando por conta allea a tempo parcial.

 

 

Obrigas de activación

Para a súa incorporación e mantemento no programa, as persoas desempregadas deberán cumprir as seguintes obrigas:

  • Subscribir no momento da solicitude un compromiso de actividade en virtude do cal realizarán as distintas actuacións favorecedoras da súa inserción laboral. 
  • Acreditar ter realizado tres accións de busca activa de emprego ante o Servizo Público de Emprego Estatal no prazo dun mes a partir da presentación da solicitude.
  • Participar nas accións de mellora da empregabilidade e busca activa de emprego, previstas no itinerario individual e personalizado de emprego que, con carácter previo ao inicio do programa lle fose asignado polos Servizos Públicos de Emprego.

Outras obrigas 

 

 

 

Duración e contía

Os traballadores, como consecuencia da súa admisión e mantemento no programa, poderán percibir unha axuda económica de acordo co establecido nos seguintes apartados:

Duración

A duración máxima da axuda económica será de seis meses, aínda que as accións de inserción previstas no programa poden continuar realizándose con posterioridade a este prazo.

Contía

A contía da axuda será igual ao 80 por cento do indicador público de rendas de efectos múltiples mensual vixente en cada momento. (Datos para este ano).. 

A axuda comezará a devindicarse unha vez transcorrido o prazo dun mes dende o día seguinte ao de presentación da solicitude de incorporación ao programa, sempre que o solicitante acredite, nos dez días hábiles seguintes á finalización do período sinalado, que durante este realizou a busca activa de emprego, e que lle foi asignado polo Servizo Público de Emprego competente o itinerario individual e personalizado de emprego.
Se transcorrido o citado período dun mes non tivese elaborado o itinerario individual e personalizado de emprego o servizo público de emprego competente, a devindicación da axuda só se producirá a partir da data en que quede acreditado que o solicitante ten asignado o devandito itinerario.

O pagamento da axuda económica será realizado polo Servizo Público de Emprego Estatal dentro do mes seguinte ao que corresponda a devindicación, mediante o aboamento na conta da entidade financeira que indiques, sempre que sexas titular desta.

Documentación necesaria

A documentación que deberás acompañar á solicitude é a seguinte:

  • Modelo oficial de solicitude
  • Documentos de identificación do solicitante (soamente será necesaria a súa exhibición para verificar eses datos):
    • Españois: Documento nacional de identidade (DNI).
    • Estranxeiros residentes en España:
      Comunitarios: Tarxeta de identidade de estranxeiros (TIE) ou número de identidade de estranxeiros co pasaporte.
      Non comunitarios: Tarxeta de identidade de estranxeiros (TIE) e o pasaporte.
  • Calquera documento bancario no que figure o número de conta do que sexas TITULAR e onde desexes percibir a prestación.
  • Soamente se a entidade xestora o solicita, xustificante de que reúnes os requisitos de acceso ao programa.
  • Formulario de declaración de busca activa de emprego, coas accións que hay que realizar durante o mes seguinte á solicitude e que deberá ser entregado na súa oficina nos dez días hábiles seguintes ao transcurso do devandito mes.

Podes obter máis información no teléfono de atención á cidadanía 901 119 999 e cita previa no 901 010 210.

 

Cando, onde e como o tramito

A solicitude de incorporación ao programa deberá presentarse entre o 15/01/2015 e o 15/04/2017, no modelo oficial de solicitude, ao que deberá acompañarse a documentación acreditativa de que se reúnen os requisitos esixidos.

A solicitude conterá, así mesmo, o compromiso de actividade que deberá subscribir o solicitante.

O Servizo Público de Emprego Estatal resolverá a solicitude no prazo máximo dos tres meses seguintes á data en que esta se tivese presentado. Transcorrido o prazo sen que se ditase resolución entenderase que a solicitude foi desestimada.

Contra a resolución adoptada polo Servizo Público de Emprego Estatal poderá interpoñerse reclamación previa á vía xurisdicional social no prazo de trinta días dende a súa notificación.

Podes presentar a solicitude:

Podes obter máis información no teléfono de atención ao cidadán 901 119 999.

Documentación