Que é o observatorio?

É unha unidade técnica que analiza a situación e as tendencias do mercado de traballo, as ocupacións, os colectivos de interese para o emprego e as transformacións que se producen neste, anticipándose aos retos e requirimentos que o mercado de traballo formula e facilitando, así, a toma de decisións.

Que facemos?

  • Investigamos sobre os elementos que permiten dar resposta ás necesidades que se demandan, como base da política de emprego e formación.
  • Estudamos as actividades e as ocupacións nas que se está a crear ou xerar emprego.
  • Ofrecemos información sobre perfís das ocupacións e as necesidades de formación dos traballadores.
  • Realizamos estudos/informes sobre o mercado de traballo, colectivos de interese para o emprego, ocupacións e actividades, con maior presenza nos territorios, á vez que a súa tendencia e prospectiva, na xeración de emprego a curto e medio prazo.
  • Propiciamos a busca de novos depósitos de emprego, os movementos e cambios que se producen no mercado de traballo e que modifican os contidos das ocupacións.
  • Elaboramos información e prestamos asesoramento técnico a entidades e axentes/xestores das políticas de formación e emprego, e informamos os usuarios relacionados co mercado de traballo e o cidadán en xeral.
  • Participamos en conferencias, relatorios, xornadas e foros sobre mercado de traballo.
  • Cooperamos e colaboramos cos Observatorios dos Servizos Públicos de Emprego autonómicos e con outros Observatorios institucionais, a nivel nacional e internacional.
  • Utilizamos as tecnoloxías que faciliten a mellora, ampliación e axilización da información.

Onde estamos?

O Observatorio das Ocupacións do Servizo Público de Emprego Estatal conta cunha rede de técnicos distribuídos entre os servizos centrais e todas as provincias, que traballan de forma coordinada en equipos de traballo que se constitúen ao redor das diferentes actividades que se realizan.

Esta rede localízase nos seguintes enderezos.