Quen somos

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) é un organismo autónomo adscrito ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social que, xunto cos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas, forma o Sistema Nacional de Emprego. 

Neste apartado podes coñecer o SEPE en profundidade. En Quen somos presentámosche a carta de servizos do Organismo e explicámosche cal é a nosa misión, funcións e organigrama. Dende o enunciado "Comisión para a reforma das administracións públicas", dáse publicidade aos tempos medios de tramitación das prestacións por desemprego en todas as CC.AA., e no de Información económico financeira podes coñecer o noso presuposto así como as nosas contas anuais. Dende Publicacións podes acceder tanto ás publicacións oficiais que o SEPE edita como á súa Base de Datos Documental Bibliográfica. En Estatísticas encontrarás as estatísticas de emprego, contratos e prestacións por desemprego que elabora o organismo; o Observatorio ofréceche unha análise sobre a situación e as tendencias do mercado de traballo, as ocupacións e os colectivos de interese para o emprego. Por último, en Normativa podes consultar a principal lexislación sobre as materias que son competencia do SEPE e en Outras webs de emprego encontrarás webs, nacionais e internacionais, onde ampliar a túa información en cuestións de emprego.