Sede electrónica

Son diferentes a base reguladora do paro e a de cotización por continxencias comúns? Para que serve cada unha delas?

A base reguladora da prestación por desemprego serve para calcular o importe da este prestación, mentres que a base de cotización por continxencias comúns é a que o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) ten en conta para ingresar as cotizacións durante o período que perciba a prestación de desemprego.

A base reguladora da prestación por desemprego obtense calculando a media da base de cotización pola continxencia de desemprego correspondente aos últimos 180 días traballados, tendo en conta os días naturais de cada mes ( 30 días novembro, 31 días decembro...).

No caso de extinción da relación laboral, a base de cotización á Seguridade Social será a mesma que a base reguladora da prestación.

No suposto de regulación temporal de emprego de suspensión da relación laboral ou redución de xornada, a base de cotización á Seguridade Social durante a percepción da prestación daquelas persoas traballadoras polas que exista obriga legal de cotizar, será equivalente á media das bases do últimos seis meses de ocupación cotizada por continxencias comúns e por continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais anteriores á situación legal de desemprego ou ao momento en que cesou a obriga legal de cotizar.

Durante a suspensión do contrato de traballo ou a redución da xornada, a empresa continúa obrigada a ingresar a achega empresarial de cotización á Seguridade Social.