Sede electrónica

Podo renovar o paro entre contratos de curta duración?

Cando finalices un contrato inferior a un ano e a túa prestación contributiva non se atope esgotada, poderás solicitar a continuación da mesma, o que suporá o dereito a percibir a prestación polo período que reste e coas bases e topes que correspondesen no momento da suspensión.

As cotizacións realizadas polo teu último traballo non afectan á duración da prestación que tes recoñecida, pero si se terán en conta para o acceso a unha prestación posterior.

Aunque tu prestación por desempleo anterior no se haya extinguido por la realización de un trabajo por cuenta ajena de duración igual o superior a doce meses, puedes optar por reanudar ese derecho o por solicitar uno nuevo, siempre que con posterioridad al reconocimiento inicial de aquel, acredites un nuevo periodo de ocupación cotizada de al menos 360 días, así como el cumplimiento de los demás requisitos exigidos.

Se tras a situación legal de desemprego non solicitas expresamente o recoñecemento dun novo dereito e optas por solicitar a continuación do dereito suspendido, renovaráseche ese dereito e os períodos de ocupación cotizada desde o seu nacemento teranse en conta para o recoñecemento dun dereito posterior.

Se tras a situación legal de desemprego solicitas expresamente o recoñecemento dun novo dereito, recoñeceráseche o novo dereito solicitado e o anterior considerarase extinguido para todos os efectos.