
Prestacións

Cita previa
Solicita cita para a túa oficina de prestacións
Calcula o importe da túa prestación
Queres saber cal é o importe da túa prestación
Verificación de documentos
Sabes se un documento do SEPE é auténtico?QUE SON TRABALLOS DE COLABORACIÓN SOCIAL?
Se está a percibir unha prestación por desemprego, o Servizo Público de Emprego Estatal pode ofrecerlle e esixirlle o desempeño dun traballo de colaboración social; trátase de traballos para unha Administración Pública que deben reunir os seguintes requisitos:
- Ser de utilidade social e destinarse ao beneficio da comunidade.
- Ter carácter temporal.
- Coincidir coas aptitudes físicas e formativas da persoa traballadora desempregada.
- Non supor cambio de residencia habitual da persoa traballadora.
Poderaos realizar por un máximo de tempo igual ao que dure a prestación ou o subsidio e non implicarán relación laboral entre vostede e a entidade na que os desenvolva, polo que seguirá percibindo a prestación ou o subsidio por desemprego.
Se traballa en colaboración social, a Administración Pública completará o importe da súa prestación ou subsidio, ata igualalo co importe da base reguladora da prestación contributiva que estea a percibir ou da que esgotou antes de percibir o subsidio. Pagaralle tamén os seus desprazamentos e cotizará á Seguridade Social polas continxencias de accidente de traballo e enfermidade profesional.