É OBRIGATORIO ENVIAR POR INTERNET O CERTIFICADO DE EMPRESA? TEÑO QUE ENTREGAR OUTROS DOCUMENTOS?

O envío dos datos do certificado de empresa por medios electrónicos é obrigatorio para todas as empresas, agrupacións de empresas e demais suxeitos responsables da obrigación de cotizar, encadrados en calquera dos réximes do Sistema de Seguridade Social, con independencia do número de persoas traballadoras que manteñan en alta.

Debe realizar o envío a través da aplicación Certific@2 na Sede Electrónica do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).

De maneira excepcional, se non fose posible, a empresa está obrigada a entregar á persoa traballadora o certificado de empresa no modelo oficial dispoñible nas oficinas de emprego ou en www.sepe.es .

Só no caso de que a empresa non estea integrada no sistema REDE da Seguridade Social, son necesarios os documentos de cotización TC2 do seis meses precedentes ao cesamento na relación laboral.