A MIÑA CONTA DE COBRO DO PARO OU SUBSIDIO, DEBE ESTAR ABERTA NA PROVINCIA ONDE ME ABONAN DITA PRESTACIÓN?

Pode cobrar a prestación na conta da entidade bancaria que indique con independencia da localidade onde estea a sucursal e sempre que exista acordo entre a entidade bancaria e o Servizo Público de Emprego Estatal, (SEPE).

Pode modificar a conta bancaria na Sede electrónica do SEPE sempre que dispoña de certificado dixital, DNI electrónico ou usuario e contrasinal Cl@ve.