Sede electrónica

Teño que ir persoalmente a solicitar o paro ou subsidio? Teño que pedir cita previa?

Solicitar unha prestación por desemprego é unha obriga persoal. Pode solicitala a través da Web do Servizo Público de Emprego Estatalsempre que dispoña de certificado dixital, DNI electrónico ou usuario e contrasinal Cl@ve.

Tamén pode presentar a solicitude presencialmente na oficina de prestacións que lle corresponda segundo o seu domicilio, previo pedimento de cita a través de Internetou chamando por teléfono .

Para formular a solicitude por medio de representante, deberá acreditar tal representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, ou mediante a súa declaración en comparecencia persoal.

A lexislación de procedemento administrativo permite tamén presentar a solicitude nos rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración Xeral do Estado, á da súa Comunidade Autónoma, á dalgunha das entidades que integran a Administración Local, nas oficinas de correos, nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro, ou en calquera outro rexistro que establezan as disposicións vixentes.

Debe ter en conta que para poder cobrar unha prestación por desemprego, é necesario estar rexistrado ou rexistrada como demandante de emprego. Para inscribirse, debe acudir persoalmente á oficina de emprego da Comunidade Autónoma ou de Ceuta ou Melilla que lle corresponda segundo o seu domicilio.