Sede electrónica

Cobro o subsidio de maiores de anos. 52 En que consiste a declaración anual que debo facer?

Para seguir percibindo o subsidio de maiores de  52 anos, debe presentar cada ano unha declaración das súas rendas acompañada da documentación que as xustifique, no seu caso.

Se os seus ingresos non superaron en ningún mes o 75 % do Salario Mínimo Interprofesional (SMI), poderá tramitar a declaración anual a través de Internet na Sede Electrónica do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), sempre que dispoña de certificado dixital, DNI electrónico ou usuario e contrasinal Cl@ve.

Se non dispón de clave de acceso a Internet ou as súas rendas superaron nalgún mes o citado importe, para presentar a declaración deberá acudir á súa oficina de prestacións, previo pedimento de cita na Webdo SEPE ou por teléfono .

Este documento de declaración de rendas debe presentalo cando transcorran doce novos meses desde o nacemento do dereito ao subsidio, ou cada vez que transcorran doce novos  meses desde a última continuación. O prazo de presentación é de quince días hábiles a partir da data indicada.

Se non presenta dita declaración, interromperase o pago do subsidio e da cotización.