Sede electrónica

Dereito de opción

Se a persoa traballadora cobra unha prestación por desemprego  e comeza a traballar por conta allea polo menos 360 días, a prestación extínguese. Pero ao quedar de novo en situación legal de desemprego, se se aproba unha nova prestación, sen esgotar a anterior, poderá elixir entre continuar co cobro da prestación antiga (polo período que lle restaba e as bases, porcentaxe e topes que lle correspondían) ou percibir a prestación que orixinaron as novas cotizacións desde que se suspendeu a prestación anterior. O prazo para elixir, por escrito, é 10 de días desde que se aproba a nova prestación.

Se a persoa traballadora elixe a prestación anterior, as cotizacións que deron lugar á nova prestación que non elixiu, non poderán terse en conta para aprobar unha prestación posterior.

Se a persoa traballadora é fixa descontinua poderá elixir tamén, se non extinguiu a prestación por desemprego anterior, entre continuar con esta prestación ou percibir unha nova, se xustifica un período de ocupación cotizada de, polo menos, 360 días e cumpre co resto de requisitos. Neste caso, se elixe continuar coa prestación anterior que tiña interrompida, as cotizacións que desen lugar á nova prestación (que non elixiu) si poderán terse en conta para o recoñecemento doutra posterior.

Se a persoa traballadora está a cobrar a prestación por desemprego e non a esgotou,  e comeza a traballar por conta propia, se despois cesa no devandito traballo e ten dereito á protección por cesamento de actividade, poderá optar por percibir esta prestación ou continuar coa prestación por desemprego que non esgotara. Se elixe a prestación que non esgotara, as cotizacións que desen lugar á prestación por cesamento de actividade que non elixiu, non se terán en conta para aprobar unha prestación posterior.