FAMILIAS PROFESIONAIS

Familia profesional
Conxunto de cualificacións nas que se estrutura o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, atendendo a criterios de afinidade da competencia profesional.
A relación de familias profesionais establécese no Real Decreto 1128/2003, de de 5 setembro , polo que se regula o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais e no Real Decreto 1416/2005, de de 25 novembro , que o modifica.
Área profesional
Enténdese por área profesional un ámbito de actividades produtivas afíns que leva un desenvolvemento profesional homoxéneo dentro dunha familia profesional e dos coñecementos e habilidades que son necesarios para alcanzalos. Caracterízase pola relación entre as actividades profesionais, o uso das tecnoloxías, a circulación da información, a linguaxe, os tipos de produtos e as habilidades e coñecementos que se desenvolven.
A relación das áreas profesionais son as que figuran na Resolución de de 12 marzo de , 2010 do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se establece o procedemento para a inclusión de novas especialidades no ficheiro de especialidades formativas.
Accede á listaxe de certificados de profesionalidade pulsando sobre a familia que desexes
- Actividades físicas e deportivas
- Administración e xestión
- Agraria
- Artes gráficas
- Artes e artesanías
- Comercio e mercadotecnia
- Edificación e obra civil
- Electricidade e electrónica
- Enerxía e auga
- Fabricación mecánica
- Hostalaría e turismo
- Imaxe persoal
- Imaxe e son
- Industrias alimentarias
- Industrias extractivas
- Informática e comunicacións
- Instalación e mantemento
- Madeira, moble e cortiza
- Marítimo pesqueira
- Química
- Sanidade
- Seguridade e medio ambiente
- Servizos socioculturais e á comunidade
- Téxtil, confección e pel
- Transporte e mantemento de vehículos
- Vidro e cerámica