OFERTA DE FORMACIÓN ESTATAL

Ofertas Formativas

O Servizo Público de Emprego Estatal SEPE e FUNDAE en colaboración con diversas empresas tecnolóxicas como AWS (Amazon Web Services), CISCO, Cloudera, Everis, Accenture, Fundación Telefónica, Google, Huawei, IBM, Linux, Oracle e SAP ofertan a realización gratuíta de cursos de formación en competencias dixitais.

Prevese que antes do 2030 xurdirían 3,2 millóns de empregos ligados á dixitalización. Por isto, desde o Servizo Público de Emprego Estatal queremos axudarche e dar resposta ás novas necesidades derivadas do proceso de cambio tecnolóxico, dixital e produtivo.   

Plan de Choque polo Emprego Novo / Plan Reincorpora-T

O Plan de Choque polo Emprego Novo e o Plan Reincorpora-T  buscan aumentar as competencias dixitais dos mozos e dos adultos en desemprego ou risco de desemprego.

Con esta iniciativa de formación, o SEPE traballa cara á consecución dos obxectivos de ambos os plans.