A COMISIÓN EUROPEA CONCEDE O PREMIO "BEST SOCIAL MEDIA 2015" A EURES-ESPAÑA

23 de abril de 2015

Premio "Best Social Media" 2015

A Comisión Europea concedeu a EURES-España o premio "Best Social Media" á mellor utilización das redes sociais, dentro dos "Eures Communication Excellence awards 2015" que trata de premiar as iniciativas máis punteiras dentro da Rede EURES en materia de comunicación cos cidadáns.O labor de EURES- España en materia de redes sociais bateu récords, tanto en número de usuarios coma en alcance das publicacións e participación. Todo iso enmárcase na estratexia europea de achegamento aos cidadáns para unha difusión máis eficiente dos servizos de EURES de apoio á mobilidade laboral en Europa.EURES (EURopean Employment Services) é unha rede de cooperación para o emprego e para a libre circulación de traballadores, un dos principios fundamentais da Unión Europea. O seu obxectivo é prestar servizos aos traballadores, aos empresarios, e a calquera cidadán que desexe beneficiarse do principio da libre circulación de persoas, proporcionando información e asesoramento sobre ofertas e demandas de emprego, situación e evolución do mercado de traballo e sobre condicións de vida e traballo de cada país.EURES pon en relación aComisión Europea cos Servizos Públicos de Emprego dos países do Espazo Económico Europeo (países membros da UE, máis Islandia, Noruega e Liechtenstein), con Suíza e con outros organismos. A rede inclúe tamén asociacións transfronteirizas, asociacións de traballadores, organizacións patronais, universidades e outras institucións locais e rexionais, todos eles interesados nas cuestións relacionadas co emprego.Toda a información de EURES-España está dispoñible na web do SEPE, en Facebook e en Twitter.