IDC E IDG PREMIAN AO SEPE COMO ENTIDADE PÚBLICA MÁIS INNOVADORA

29 de setembro de 2015

Premio "Entidade Pública máis innovadora" 2015

O 29 de setembro de tivo 2015 lugar, no Hotel Palace de Madrid, a celebración do Congreso CIO Directions 2015 - O novo rol do CIO e a organización de TI, organizado por International Data Corporation (IDC) e International Data Group (IDG).

O evento, no que participou un selecto grupo de profesionais directivos, contou coa intervención especial de Alberto Ruiz Gallardón (Presidente da Comunidade de Madrid 1995-2003, Alcalde de Madrid 2003-2011 e Ministro de Xustiza 2011-2014). Á finalización do congreso fíxose entrega de catro premios ás entidades máis innovadoras.

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) recibiu o Premio á Entidade Pública máis innovadora pola súa alta implicación en proxectos de eficiencia na Administración Pública, mellorando os seus procesos, aforrando custos e aumentando a produtividade dos servizos e procedementos das Administracións Públicas.

O SEPE estivo representado por Santiago Graña Domínguez, Subdirector Xeral de Tecnoloxías da Información e Comunicacións, quen recibiu o premio de mans de María José Marzal, Directora de Computerworld España.