A DIRECCIÓN PROVINCIAL DE MURCIA RECIBE O SELO DE CRISTAL 2018

18 de marzo de 2019

23 de maio de 2019

El Premio AEAL lo recibió el director provicial del SEPE de Zaragoza, Fernando de Miguel, de la mano del Presidente de la AEAL, Miguel Poveda.
Na foto o Director Xeral do SEPE, Gerardo Gutiérrez Ardoy, xunto co Director Provincial de Murcia, José Antonio Morais, e o resto do equipo que asistiu á entrega do premio.

O pasado xoves 14 de marzo, celebrouse no Salón de Actos do CSIC en Madrid, o Acto de Entrega dos Premios á Calidade e Innovación na Xestión Pública XII edición, no que o Secretario de Estado de Función Pública, José Antonio Benedicto, entregou o Selo de Cristal á Dirección Provincial de Murcia, que a recoñece como unha do dez unidades da AGE que destacaron nos seus resultados derivados da aplicación de programas de calidade en 2018.

O premio foi recollido polo Director Provincial de Murcia, José Antonio Morais, acompañado do Director Xeral do SEPE, Gerardo Gutiérrez Ardoy, a Subdirectora Xeral de Recursos e Organización e o seu Adxunto, a Conselleira Técnica de Calidade, o Subdirector Provincial de Xestión Económica e de varios compañeiros en representación do persoal da provincia.

A Dirección Provincial de Murcia iniciou a implantación dun Sistema de Xestión de Calidade en 2012, ano no que realizou a autoevaluación segundo o Modelo EFQM, que lle serviu de punto de partida para planificar os proxectos de mellora, cuxos resultados se traduciron en lograr a certificación EVAM 300-399 e o Selo de Cristal.