Sede electrónica

Bonificacións e Reducións a Traballadores en Situación de Exclusión Social

Persoas en situación de exclusión social con carácter xeral

Contía anual: bonificación segundo tipo de contrato.

  • Contrato Indefinido: 600 euros.
  • Contrato temporal: 500 euros.
  • Conversión de contrato temporal a indefinido: 650 euros.

Duración: contrato indefinido e conversión de contrato temporal a indefinido, 4 anos; contrato temporal, durante a vixencia do contrato.

Vixencia da medida: indefinida.

Normativa: Lei 43/2006, do 29 de decembro, para a mellora do crecemento e do emprego.

Procedentes dunha empresa de inserción

Contía anual: bonificación segundo tipo de contrato.

  • Contrato Indefinido: primeiro ano,1.650 euros; segundo, terceiro e cuarto ano, 600 euros.
  • Contrato temporal: primeiro ano,1.650 euros; segundo, terceiro e cuarto ano, 500 euros.

Duración: contrato indefinido 4 anos; contrato temporal, durante a vixencia do contrato.

Vixencia da medida: indefinida.

Normativa: Lei 43/2006, do 29 de decembro, para a mellora do crecemento e do emprego.

Contratos formalizados por empresas de inserción para persoas rexistradas como demandantes de emprego menores de 30 anos ou de 35 anos se son persoas con discapacidade

Contía anual: bonificación de 1.650 euros.

Duración: contrato indefinido 4 anos; contrato temporal, durante a vixencia do contrato.

Vixencia da medida: indefinida.

Normativa:

Lei 44/2007, do 13 de decembro, para a regulación do réxime das empresas de inserción.

Lei 5/2011, do 29 de marzo, de Economía Social.

Contratos formalizados por empresas de inserción para persoas rexistradas como demandantes de emprego maiores de 30 anos

Contía anual: bonificación de 850 euros.

Duración: contrato indefinido 3 anos; contrato temporal, durante a vixencia do contrato.

Vixencia da medida: indefinida.

Normativa: Lei 5/2011, do 29 de marzo, de Economía Social.

Cofinanciamento do Fondo Social Europeo

As bonificacións das cotas á Seguridade Social descritas poderán estar cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Catálogo de publicacións da Administración Xeral do Estado

http://publicacionesoficiales.boe.es

Edición realizada polo Servizo Público de Emprego Estatal
Condesa de Venadito, 9 . 28027 Madrid

NIPO: 120-22-011-6

Actualizado a marzo 2022