BONIFICACIÓNS / REDUCIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL A TRABALLADORES CON DISCAPACIDADE
2022

As persoas con discapacidade conforman un grupo vulnerable e numeroso ao que a sociedade mantivo habitualmente en coñecidas condicións de exclusión. Este feito comportou a restrición dos seus dereitos básicos e liberdades condicionando ou obstaculizando o seu desenvolvemento persoal así como o goce dos recursos e servizos dispoñibles para toda a poboación e a posibilidade de contribuír coas súas capacidades ao progreso da sociedade.
A integración social das persoas con discapacidade é un dereito constitucional, e corresponde aos poderes públicos levar a cabo políticas que eliminen as barreiras que a impiden ou dificultan. A incorporación ao mercado laboral deste colectivo é un factor destacado para conseguir a súa plena integración.
Neste tríptico resúmense as axudas (reducións ou bonificacións nas cotizacións á Seguridade Social) que se destinan á inserción laboral das persoas con discapacidade. Trátase dun compendio das medidas existentes ata o momento que pretende servir de guía tanto a empresas e institucións como aos traballadores.
Para unha mellor lectura en pantalla ou para que poida ser impreso nun papel tipo A , 4 tes tamén unha folla informativa co mesmo contido.
Descarga esta publicación
Tamén dispoñible nestes idiomas
- Bonificacións / Reducións á Seguridade Social a Traballadores con Discapacidade - Folla Informativa (Catalán) PDF: 172 KB
- Bonificacións / Reducións á Seguridade Social a Traballadores con Discapacidade - Folla Informativa (Galego) PDF: 207 KB
- Bonificacións / Reducións á Seguridade Social a Traballadores con Discapacidade - Folla Informativa (Vasco) PDF: 232 KB