Sede electrónica

Estudo prospectivo do sector de servizos avanzados ás empresas nas tecnoloxías da información e comunicación (TIC) en España

2015

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), a través do Observatorio das Ocupacións, realiza estudos sobre o mercado de traballo centrándose no coñecemento das actividades económicas e das ocupacións, así como nas tendencias e nas perspectivas de emprego, para coñecer cales son as actividades económicas que teñen mellores perspectivas de emprego a curto e medio prazo.

Este estudo elaborouse tendo en conta a posición clave deste sector na economía española, posto que xa non se concibe o desenvolvemento social e produtivo dunha sociedade avanzada sen a incorporación das tecnoloxías da información e as comunicacións, que contribúen a facilitar enormemente a realización de múltiples operacións empresariais, industriais e servizos para a comunidade en xeral de xeito máis eficaz e eficiente.

En canto ao emprego, o estudo aborda a evolución das ocupacións e as novas competencias que se van requirir aos traballadores, posto que o avance vertixinoso e a complexidade destas tecnoloxías están a xerar a necesidade de novos profesionais que dean resposta aos requirimentos do mercado.

Índice

  • Introdución e obxectivos do estudo
  • Metodoloxía
  • Caracterización do sector
  • Mercado de traballo
  • Situación do sector segundo os expertos
  • A formación relacionada co sector
  • Información das ocupacións
  • Conclusións
  • Marco normativo
  • Fontes e expertos consultados