QUE É O OBSERVATORIO?
É unha unidade técnica que analiza a situación e as tendencias do mercado de traballo, as ocupacións, os colectivos de interese para o emprego e as transformacións que se producen no mesmo, anticipándose aos retos e requirimentos que o mercado de traballo expón e facilitando, así, a toma de decisións.
¿Que facemos?
- Investigamos sobre os elementos que permiten dar resposta ás necesidades que se demandan, como base da política de emprego e formación.
- Estudamos as actividades e as ocupacións nas que se está creando ou xerando emprego.
- Ofrecemos información sobre perfís das ocupacións e as necesidades de formación dos traballadores.
- Realizamos estudos/informes o mercado de traballo, colectivos de interese para o emprego, ocupacións e actividades, con maior presencia nos territorios, á vez que a súa tendencia e prospectiva, na xeración de emprego a curto e medio prazo.
- Propiciamos a procura de novos xacementos de emprego, os movementos e cambios que se producen no mercado de traballo e que modifican os contidos das ocupacións.
- Elaboramos información e presta asesoramento técnico a entidades e axentes/xestores das políticas de formación e emprego, e informa os usuarios relacionados co mercado de traballo e ao cidadán en xeral.
- Participamos en conferencias, relatorios, xornadas e foros sobre mercado de traballo.
- Cooperamos e colaboramos cos Observatorios dos Servizos Públicos de Emprego autonómicos e con outros Observatorios institucionais, a nivel nacional e internacional.
- Utilizamos las tecnologías que faciliten la mejora, ampliación y agilización de la información.
¿Onde estamos?
O Observatorio das Ocupacións do Servizo Público de Emprego Estatal, conta cunha rede de técnicos distribuídos entre os Servizos Centrais e todas as provincias, que traballan de forma coordinada, formando equipos de traballo que se constitúen ao redor das diferentes actividades que se realizan.