DEFINICIÓN - MISIÓN, VISIÓN, VALORES
O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) é un organismo autónomo adscrito ao Ministerio de Traballo e Economía Social. O SEPE, xunto cos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas, forman o Sistema Nacional de Emprego. Este sistema asume as funcións do extinto Instituto Nacional de Emprego (INEM) desde 2003 . Desde esta estrutura estatal promóvense, deseñan e desenvolven medidas e accións para o emprego, cuxa execución é descentralizada, axustadas ás diferentes realidades territoriais.
O organismo está composto por:
- Uns servizos centrais.
- 52 direccións provinciais.
- Unha ampla rede de oficinas presenciais distribuídas polas 50 provincias do Estado español e as cidades de Ceuta e Melilla, desde as que se xestionan os trámites de prestacións por desemprego. Nas de Ceuta e Melilla, tamén se xestionan os trámites de emprego e formación.
Ademais, dispón dos seguintes servizos:
- Un servicio de atención telefónica al ciudadano ( 91 273 83 83 ). También disponibles teléfonos provinciales.
- Un servizo de atención telefónica para solicitar Cita Previa ( 91 273 83 84 ).
- Un espazo web, www.sepe.es, desde o que se accede a servizos de prestacións e emprego, así como a diversa información.
O SEPE traballa por e para a sociedade. A actividade que desenvolvemos céntrase en satisfacer e investigar as necesidades do noso público:
- Traballadores en activo.
- Traballadores desempregados e desempregados de longa duración.
- Emprendedores que teñan unha idea de negocio.
- Mozos.
- Empresas.
Contribuír ao desenvolvemento da política de emprego, xestionar o sistema de protección por desemprego e garantir a información sobre o mercado de traballo co fin de conseguir, coa colaboración dos Servizos Públicos de Emprego Autonómicos e demais axentes do ámbito laboral, a inserción e permanencia no mercado laboral da cidadanía e a mellora do capital humano das empresas.
Alcanzar a excelencia na xestión dos nosos servizos á cidadanía, aproveitando as novas tecnoloxías, e liderar a contribución do Sistema Nacional de Emprego para incrementar a calidade do mercado de traballo.
Os valores que determinan os principios que o SEPE ha de considerar para alcanzar os obxectivos que persegue son os seguintes:
- Cultura de servizo á cidadanía: O SEPE traballa por e para a sociedade. A vocación de servizo público das persoas da organización fai que o nivel de satisfacción aumente con cada usuario satisfeito. Toda a actividade do organismo debe centrarse en investigar as necesidades dos seus clientes e orientar o traballo a satisfacelas da maneira máis eficaz.
- Capacidade innovadora: O valor engadido do SEPE pono as persoas que traballan nel, xa que a nova realidade laboral obriga á innovación no tratamento da procura e orientación no emprego. Desta maneira, os cambios que adopta a organización teñen un reflexo automático nos usuarios.
- Colaboración cos outros axentes: Co obxectivo de ofrecer o mellor servizo ao cidadán, o SEPE, dada a súa condición de servizo público, potencia a colaboración co resto de actores do ámbito laboral e mellora a coordinación con outras institucións, mesmo a nivel europeo.
- Compromiso co persoal da organización: O SEPE conta cun equipo con alto nivel de vocación de Servizo Público. O bo servizo ao cidadán pasa por unha boa xestión dos recursos humanos, cuxas bases son a comunicación, a claridade organizativa, o compromiso coas persoas da organización e o seu desenvolvemento profesional. A organización debe dar moito valor ao traballo en equipo, a colaboración e a mellora das condicións de traballo.
- Calidade na xestión: Mediante a calidade lógrase trasladar o resto de valores ao terreo da práctica. Dar servizo é facelo eficazmente, a tempo, de forma sustentable e responsable, con iniciativa e mellora continua. A calidade empeza na detección das necesidades dos clientes e continúa na avaliación da calidade percibida por eles.